RADIO.- 'Cos 5 sentidos' entra na historia do Mosteiro de Poio
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
'Cos 5 sentidos' continúa descubrindo o patrimonio histórico e cultural que ofrece a ría de Pontevedra. Neste podcast, e nos dous seguintes, o protagonista é o Mosteiro de Poio. Para este primeiro capítulo focalizamos a atención na historia deste cenobio que comeza no século VII e resulta difusa ata a metade do século XV.
Naquel momento chega ata Poio a Congregación de San Benito de Valladolid e un século despois alberga tamén o Colexio Maior de Pasantes e Teoloxía. A súa estancia concluirá en 1835. Algo máis de cinco décadas despois tomarán a substitución monacal os frades da Orde Mercedaria.
Actualmente son estes monxes os que seguen custodiando a actividade e a historia que atesoura o mosteiro, intra e extra muros; pero isto será motivo dos seguintes capítulos do podcast que se pode escoitar na ligazón que se adxunta e tamén descargar e escoitar desde a web de PontevedraViva Radio.
'Cos 5 sentidos' é unha publicación divulgativa financiada polo Plan Social Ence (#enceplansocialpontevedra).