O informe da Xunta sobre a toxicidade dos pellets: o produto é "apto para uso alimentario" e "non perigoso"
Por Natalia Puga
A Xunta de Galicia insiste en que os microplásticos que empezaron a chegar á costa galega o 13 de decembro non son tóxicos. Así, indican que encargaron dous informes técnicos e ambos conclúen que non existe esa toxicidade.
Un dos informes xa se fixo público e do outro teñen as conclusións preliminares e o seu contido coñecerase previsiblemente o xoves. Son informes elaborados por "organismos oficiais e con persoas acreditadas para facelo", en palabras do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.
O primeiro informe, asinado por Santiago Garcia Pardo, doutor en ciencia e tecnoloxía de polímeros, conclúe que o material é "non perigoso" e que "todos os riscos contemplados pola normativa vixente quedan excluídos, tanto para o produto como para os seus ingredientes de forma individual".
A análise, baseado na ficha técnica e de seguridade destes produtos, conclúe que "o produto é apto para uso alimentario".
O informe matiza que o nivel de perigo e de toxicidade deste tipo de materiais plásticos non se deixa a un criterio subxectivo, se non que existe unha regulación que define de forma clara se o material considérase tóxico e perigoso ou non, e o nivel de toxicidade e de perigo que presenta.
Estes pellets están compostos nun 88-90 % por polietileno e un 10-12 % do aditivo UV622.
Alfonso Rueda insistiu en que "por suposto" farán públicos ambos os informes e en que "estamos falando dun material que se utiliza na industria alimentaria".
"Efectivamente é un plástico e todo plástico ten a súa parte contaminante, outra cousa é que tipo de plástico", sinalou Rueda, que si que insiste en que "debe ser retirado, que iso é ou que que estamos facendo cando chega a costa".
Relacionadas:
-
O Goberno descarta que a chegada masiva de pellets xere problemas no consumo de peixe e marisco
Por Redacción |
-
Ecoloxistas piden máis coordinación entre administracións ante o "grave impacto ambiental"
Por Natalia Puga |
-
Besteiro acusa a Rueda de "mentir" aos galegos e "ocultar" a crisis dos pellets
Por Redacción |
-
Detectan chegada de pellets ás praias de Silgar, Canelas e Areas
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
A Xunta eleva o nivel de alerta pola emerxencia dos pellets
Por Natalia Puga |
-
Restos de pellets chegan a praias das illas de Ons e Sálvora
Por Redacción |
-
O mal tempo desmobiliza a limpeza de pellets no Carreirón: "Retirar iso vai ser un traballo titánico"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |