Alfonso Rueda, no acto de Nadal do PP pontevedrés, pide un último esforzo de cara as eleccións
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un centenar de persoas acompañaba este venres a Alfonso Rueda, presidente do Partido Popular, no tradicional acto do PP que se organiza con motivo das festas do Nadal na cidade de Pontevedra.
Os asistentes trasladaron o seu apoio a Rueda na súa primeira cita coas urnas como candidato á presidencia autonómica e transmitíronlle a súa confianza para lograr a primeira maioría absoluta do líder do PP nos comicios ao Parlamento de Galicia previstos para o domingo 18 de febreiro.
Pola súa banda, Alfonso Rueda agradecía á agrupación local a súa colaboración incondicional e pedía un último esforzo co obxectivo de que o PPdeG achegue estabilidade a Galicia.
Rafa Domínguez, presidente local dos populares, e Luis López, presidente provincial, interviñan destacando a importancia dos orzamentos aprobados polo goberno do PP na Xunta, sendo os máis elevados na historia de Galicia. Tamén asistía a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado.
Todos destacaron o "sentidiño" que o presidente do executivo galego ofrece para mellorar Galicia e en concreto Pontevedra citando a ampliación do Hospital Montecelo; a humanización da estrada vella entre Pontevedra e Marín; a reforma do IES Valle Inclán; a mellora integral da residencia pública de Campolongo ou a rehabilitación do Pazo de Lourizán.