O xuíz deixa en liberdade os dous gardas civís detidos como 'sopróns' de narcos
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O xuíz decidiu deixar en liberdade aos dous axentes da Garda Civil do Grove e Cambados detidos este luns polos presuntos delitos de tráfico de drogas, revelación de segredos, tráfico de influencias e omisión de deber de perseguir delitos por supostamente actuar como 'sopróns' de narcotraficantes.
E.G.V. e J.L.ÿ.C. pasaron a disposición do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño a primeira hora deste mércores e a mediodía quedaron en liberdade provisional, aínda que coa obriga de comparecer ante o xuíz cada 15 días. Está decretado o segredo de sumario.
Os axentes son naturais de Cambados e estaban destinados nos cuarteis do Grove e Cambados, onde foron detidos. A Comandancia da Garda Civil atribúelles vinculación cos autores de varios delitos contra a saúde pública, en concreto, ter facilitado información ao presunto narcotraficante Fernando F.B. para eludir controis policiais.
Segundo sostén a Garda Civil, os axentes tamén terían participado nalgunhas actividades de tráfico de influencias e tráfico de drogas. A súa detención produciuse como froito da mesma investigación que no mes de decembro permitiu realizar a operación Salamina, na que foron arrestadas nove persoas dun grupo asentado na provincia de Pontevedra que se dedicaba á venda e distribución de droga a pequena e mediana escala e estaba liderada por Fernando F.B.