É compatible un ensino presencial coa protección ante a COVID19?, débese priorizar un curso nas aulas antes que un curso online?, como repercute nos ciclos de Infantil un curso telemático e un curso presencial onde se lles limita o contacto físico?, e no resto de ciclos educativos?
Cuestións como estas son as que expomos á invitada que temos no estudo de PontevedraViva Radio, Ana Couto, pedagoga, coach educativo e de familia. Explica cales son as necesidades que cada idade require e como se cobren, ou non, en cada unha das fórmulas.
En todos os casos, o quid da cuestión leva á mesma conclusión: "o problema é que o que se ofrece como protección ante a COVID19 é diametralmente oposto ao necesario para ensinar" afirma no programa de Mentres isto dure.
Por iso, en calquera das dúas tesituras, os proxenitores necesitan unhas ferramentas para suplir, o que presencial ou telemáticamente, non van poder recibir os escolares. No último caso incluso unha reconsideración da permisividade no uso das novas tecnoloxías por parte dos menores.