Reunimos en PontevedraViva Radioa Gloria Couto, profesora de formación viaria da Autoescola Teucro; a Iñigo Bellido, xerente deVepersa; e a Alicia Saiz e Andrés Numerato, mozos pontevedreses que están en proceso de sacar o carné de conducir. Con eles expomos a que razóns responde o feito de que o sector do automóbil manteña unha tendencia de descenso nas vendas.
É iñigo quen apunta unha das causas destes dez meses continuados de caída da venda de coches - oito na provincia de Pontevedra -, "a incerteza do comprador", afirma. Incerteza diante das opcións que o mercado expón actualmente: gasolina, diésel, gas, híbridos, eléctricos e a idoneidade futura de cada un deles. Bellido engade que a esta situación tampouco axudaron algunhas declaracións de responsables ministeriais sinalando "aquilo de que o diésel vai deixar de usarse", máxima que rexeita.
O desembolso económico que carrexa adquirir un vehículo eléctrico ou híbrido, é outra das causas que se expoñen nesta charla das Conversas na Ferrería, onde tamén se avanza que se prevé no curto e medio prazo en canto ao mercado de prezos no sector.
Hai correntes que apuntan que a poboación máis nova xa non urxe a obtención do carné de conducir ou ter coche propio para moverse. No caso das autoescolas, Gloria evidencia que segue sendo este sector da poboación o que máis acode a sacar o permiso. Tamén falan de situacións conxunturais. Isto é, que posiblemente un mozo que viva nunha gran cidade opte por medios alternativos de mobilidade fronte o coche particular.
Ese punto achégano nestas Conversas na Ferrería, Alicia e Andrés. Ambos viven fóra da zona urbana de Pontevedra polo que sinalan que "necesitamos un coche para movernos", máxime engaden "no verán, cando os autobuses que utilizamos no inverno non prestan os mesmos servizos".