Laroá estreouse no panorama musical galego en 2016. Unha banda de world music que ensambla folk galego, ritmos cubanos, jazz ou melodías africanas e cuxo orixe estaba na música lusófona. 'Proxeccións' foi o seu primeiro disco, para o que contaron con colaboracións tan considerables como as de Kepa Junkera, o pontevedrés Gabriel Peso, Davide Salvado e Jaime Rebollo.
O proxecto foi crecendo. Numericamente en canto a integrantes. Artisticamente, en busca dun son máis potenciado e de ofrecer un espectáculo que non se limitan a facer música. Amalgaman outras disciplinas artísticas como a danza ou a videocreación e mesmo nas propias cancións refundiron poemas, por exemplo de García Lorca. A xira leva por nome #Camiños.
"Estamos convencidos de que facemos algo único e fermoso" di Miguel Fraguas, natural de Tenorio, toca gaita, low whistle, e percusións. Franc Gorriz, catalán de orixe, residente en Galicia, toca batería e percusións e engade: "temos unha sonoridad moi peculiar, un son propio".
Diana Tarín, voz, completa nas Conversas na Ferrería que "#Camiños foise cocendo a lume lento" e os seus ingredientes han maridado safisfactoriamente. Fáltanlles no estudo de PontevedraViva RadioJavi 'Ddjazz', Antonio Monano, Laura 'Taka', Anaís Barbier, Rafa Morales e Juan Cella.
A próxima actuación prevista será no auditorio de Cerdedo-Cotobade, o 29 de febreiro ás 21.00 horas. Todos os públicos dispostos a sorprenderse serán benvidos.