![Radio Escaparate #76](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/344/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5ac4ffd352-9su_-u3y.jpg)
Radio Escaparate #76
Mér | 20:00 | 20:59
Neste primeiro Escaparate de abril achégase ao noso programa a actriz galega María Costas para falarnos dos seus proxectos, do seu papel no filme Dhogs - de Andrés Goteira -, e do rol actual da muller no audiovisual galego. Na entrevista musical estarán no noso estudio o grupo The Lákazans, que nos presentan algúns dos seus novos temas de estudio. E coma sempre, faremos un repaso á actualidade nas RRSS nos nosos Chíos e Cancelos. Con Irene Fernández saberemos que tal lles foi a Semana Santa aos escaparatistas. Para rematar, Iván Iglesias fará honra ao seu apelido…Non volo perdades escaparatistas!