El Escaparate #45
Mér | 20:00 | 20:30
Cantos de vós sabe que este xoves 1 de decembro celebrase o Día Mundial da Loita contra o SIDA? Sabedes cantas persoas no mundo padecen esta enfermidade? En El escaparate queremos concienciar sobre a súa importancia, polo que decidimos adicar este programa a coñecer un pouco máis sobre este tema. Para iso, estivo con nós a coordinadora do Comité AntiSIDA da Coruña, Sonia Valbuena. Con ela achegarémonos un pouquiño máis de cerca ás formas en que cada un de nós podemos axudar para paliar esta enfermidade. Tamén romperemos con esas ideas vellas relacionadas con este tema que non son máis que mitos ou prexuicios. Aos micros de El escaparate, achegouse Elba Carita, estudante da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, procedente de Perú. Con ela, tentaremos descubrir a percepción dos peruanos en relación con este tema.