
El Escaparate #46
Mér | 19:50 | 20:55
Boas escaparatistas! Achégase a festa máis esperada do ano: o Nadal. Si, sabémolo. Por iso, para despedir o ano, quixemos facer este programa especial no que atoparades moitas e moi variadas sorpresas. Neste especial falamos das campañas publicitarias típicas desta época da man de Luz, executiva de contas na axencia de publicidade Ovo Publicidade.
Tamén, achegámonos ata o outro lado do océano para coñecer cómo se viven estas festas en Estados Unidos, para o que tivemos no estudo o estudante de intercambio, Adem. Pero por se iso non fora pouco, tuvemos a sorte de contar coa presencia da persoa máis importante nestas datas: San Nicolás, Santa Claus, Papa Nöel ou como queirades chamarlle. Batallas musicáis, debate sobre a actualidade e moitas máis cousas neste Especial de Nadal.
Non volo perdades e dádelle o play! Nós volvemos en xaneiro. Pero non esquezades participar na II Edición de #1Exame1Café. Que a forza estea con vós nestas datas de exámenes!