
Radio Escaparate #77
Mér | 20:00 | 20:57
No Escaparate desta semana os membros do noso equipo intercambian os seus postos para saber como se senten facendo as funcións doutros escaparatistas membros do equipo. Malia este cambio de roles, o programa conserva as súas habituais seccións como Chíos e Cancelos, O falar da rúa ou Eramos poucos.
Na entrevista acompañán a finalista e a gañadora do noso concurso Tes talento, que nos falan sobre as súas ambicións e soños. Tamén lle botamos un ollo aos candidatos das máis que coñecidas eleccións de Publicidade e RRPP. Moita sorte a todos os partidos. E xa para rematar falamos coa banda Foxie Freire que nos presenta a súa máis que enérxica música.