![Radio Escaparate #60](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/0c2/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/59f0f3c0b9-dm_0ocjx0aar9y5.jpg-large.jpg)
Radio Escaparate #60
Mér | 20:00 | 20:58
Logo dunha semana de parón obrigado volve Radio Escaparate, o magacine radiofónico da Universidade de Vigo. Neste terceiro Escaparate falaremos con dous vigueses que viviron de primeira man os incendios que asolaron os nosos montes e nos obrigaron a suspender o programa a pasada semana.
Nos nosos “Encontros na segunda planta” estará connosco Javier Llorente, entrenador do clube de baloncesto Marín Peixegalego. Tamén coñeceremos a actualidade das redes sociais nos “Chíos e cancelos” e sondearemos os coñecementos sobre cinema dos pontevedreses no “Falar da rúa”. Non volo perdades escaparatistas!