
Radio Escaparate #68
Mér | 20:00 | 20:59
No primeiro Escaparate do 2018 temos un convidado especial, o actor e humorista Carlos Blanco, que nos fala do seu espectáculo “Somos criminais” xunto co tamén humorista X. A. Touriñán. Como de costume coñeceremos o máis falado nas redes nos “Chíos e cancelos”, Irene Fernández pregunta aos escaparatistas sobre cine español e Iván Iglesias ven cunha versión moi orixinal do tema de Los Ronaldos “No puedo vivir sin ti”. Finalmente na entrevista musical, Sara Puento charla co cantante de Chaleco reflectante, Andrés Núñez. Non volo perdades escaparatistas!