![El Escaparate #52](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/3ec/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/58c98a57ea-c61tkbtxaaezrhu.jpg)
El Escaparate #52
Mér | 20:00 | 20:30
Este mércores 15 de marzo celébrase o Día Mundial dos Dereitos Consumidor. Por iso neste Escaparate número 52, quixemos acercarnos a esta realidade como consumidores que somos nós tamén. Na liña telefónica dende Lugo, puidemos falar con Víctor Muñoz, presidente de Facua Galicia, quen nos explicou a importancia de reivindicar os nosos dereitos como consumidores. Ademáis, tamén nos acompañou o estudante de Erasmus Mamadu, procedente de Turquía.