![Radio Escaparate #58](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/4ec/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/59d4a443a4-56ec464c11-56eab09bd7-56e91fe3e9-escaparate.jpg)
Radio Escaparate #58
Mér | 20:00 | 20:45
Comeza unha nova temporada da Radio Universitaria da Universidade de Vigo. Nesta cuarta andaina inauguramos novas seccións e novas voces que nos acompañarán durante toda esta temporada de Radio Escaparate.
Falaremos entre outras cousas dos asuntos que son tendencia nas RRSS, sondexaremos a opinión da xente da rúa sobre a televisión nos nosos días; e no noso tempo de entrevista contaremos con Beatriz Legerén, docente da Facultade de CCSS de Pontevedra, que nos falará do proxecto de colaboración entre Comunicación Audiovisual e Enxeñería de Telecomunicacións para realizar varios videoxogos. Na parte final do programa o noso compañeiro Iván Iglesias interpretará unha particular versión do tema de Miguel Bosé “Como un lobo”. Non volo perdades.