Manuel Alfonso Estévez
Miriam Sandoval e "Cantigas Transhumantes"
"Cantigas Transhumantes", o seu segundo disco despois de "Renacer", empezouse a xestar no 2016, cando a instancias dun amigo inicia a investigación sobre os poetas galegos, procurando libros nas bibliotecas e facendo maquetas.
Un traballo discográfico, con letras dos bardos que tiveran que deixar a súa orixe no século XX, e nos poemas musicados mostra da maneira en que o fenómeno migratorio é vivido, dende o punto de partida.
Do de Celanova, Celso Emilio Ferreiro en Venezuela, escolleu "Eiquí será"/"Samba"; do ourensán Eduardo Blanco Amor, en Arxentina, "O furto"; do de Noia, Antón Avilés de Taramancos en Colombia, "As moradías do vento"; de Lorenzo Varela, aquel que nascera a bordo do vapor "La Navarra", a pouco de chegar á Habana, no que viaxaban seus pais, procedentes de Monterroso, que logo estivo en México, Arxentina e Uruguai. Miriam Sandoval igualmente escolleu "Castelao" de Francisco Luis Bernárdez (Arxentina) e tamén se inspirou na inesquecible ourensá, Pura Vázquez, entre outros escritores.
Miriam naceu en Avellaneda (Bos Aires), vive e traballa en Galicia desde 1995, na terra da maioría dos poetas aos que lles puxo voz, onde continúa cunha carreira musical que iniciara aos 11 anos na súa Arxentina de nacemento, na mesma que formara parte de grupos de Músicos de Outubro "La bidú Tango". En Galicia colaborou con "Son de seu", "Virandeira", "Folk" ou "Aphonic".
Nas Festas de San Roque en Vigo 2024, presentou "Paisaxes sonoros, de poetas galegos en Sudamérica", onde interpretará coa súa capacidade vocal e habilidade para transmitir emocións profundas, así como composicións propias. O seu estilo fusiona ritmos tradicionais, como tango, bossa nova, chacarera, candombe e bolero, con arranxos modernos.
Actúa acompañada por Juan Sánchez Santomé, baixo; Diego Martínez Guido, piano e Juan Guerrero, batería.