Pedro J. Peón Estévez
O cumpre de Nené
Non hai dúas sen tres, nin tres (de agosto) que Leonor, a nosa NENÉ, non cumpra anos e por máis que a parca lhe segue a herba arrente os pés, ela non dá un só paso atrás na sua loita pola vida e a saúde neste recanto do mundo onde o mar entra en Pontevedra.
A Parca ou celulosa, pois tanto ten, entrou na súa vida a levarlhe o que máis quería: o aire, o mar, a familia…a paz. Pero o que nunca puideron quitarlhe foi a alegría, o xenio, a valentía, a dignidade e a razón. Intentárono todo; agresións, insultos, ameazas, calumnias e moita,moitísima prevaricación político- xudicial e, a propósito do conto, venme á memoria o nome dun ex alto cargo da xunta en Pontevedra: Nefasto Núñez.
A todo isto, moitos xerifaltes celulósicos fixéronse ricos e fuxiron armar os casoplóns lonxe de celulosas, entre un aire máis puro e unha auga máis clara pero ela segue estando aquí, a cotío por aquí, neste sennorte.
Farto despótico arestora pola parte da celulosa e aquilo de que van melhorar a entorna, casualmente a entorna que eles mesmos arruínaron. Tenhen ceibado mentiras ben grosas; esta é a meirande. Non só é grosa senón groseira.
Ben, longa vida a NENÉ, que cumpra moitos,moitos máis con paz e felicidade, que ben que as merece. Pola minha parte, eu vou ensaiando aquilo que di:
Parabems para ti
Nesta data querida
Muitas felicidades
Muitos anos de vida !
Hoje é dia de festa
Cantan as nossas almas
Para a nossa NENÉ
Uma salva de palmas !