Xerardo Torrado Agulla
A táctica de Scheherazade: ou de como os disidentes intelectuais morremos de pracer antes que de asco, fame ou suicidados
Se hai algo certo, é que os amantes da leitura non viviremos os anos suficientes para ler todo o que queremos ler, é un recurso inagotable de pracer. Xa Harold Bloom na súa obra O canon Occidental fai tres décadas, amada e detestada a partes iguais, defendía a necesidade dun canon como guía para saber qué tiñamos que ler, había que ser selectivos
O problema que analizaba Harold Bloom na súa obra, hoxe convertida nun clásico, era o presenza dos que pretendían a apertura do canon por motivacións de xustiza social, ben ou mal entendida. Nese aspecto Harold Bloom, naquel ano 1994 no cal publica a obra, móstrase premonitorio dos problemas que a intelectualidade está tendo actualmente ca presunción dos woke de superioridade moral e a depauperación que conleva no pensamento crítico… pero este pode ser tema para outra colaboración.
Os amantes da leitura temos o consolo existencial semellante a aquel co cal Scheherazade, nararadora de As mil e unha noites, encandilaba ó sultán Shahriar. Contan que o sultán casaba unha e outra vez con mozas, pero que estas non pasaban a primeira noite de vodas. Sabedora disto, Scheherazade cada noite lle contaba unha historia, pero comezaba outra deixando o final para o día seguinte. O sultán, curioso el, deixaba con vida a Scheherazade ata a noite seguinte para saber do final da historia, pero o día seguinte Scheherazade levaba a cabo o mesmo engano, e así ía superando unha noite tras outra.
Cál é o engano existencial que nos facemos os amantes da leitura?, por moito sufrimento que teñamos que pasar por motivos de saúde, laborais, discriminación, inxustiza, etc., sobre todo se un é disidente intelectual como é no meu caso, sempre teñemos gañas de seguir vivindo e non caemos no obscuro e imperdonable pecado de Xudas, que non foi entrega-lo Mesías por trinta tristes moedas de prata, senón suicidarse colgándose dunha árbore, queremos chegar ata mañá.
Como o sultán Shahriar, queremos que chegue un novo día, para saber qué lle pasa ó Mario de Os miserables de Víctor Hugo, ou quen é o misterioso "armenio", ou o "oficial ruso" de O visionario de Friedrich Schiller. Pode que a vida nos aporte sufrimento, pero a literatura, a boa literatura (lembremos as condicións do "canon"), apórtanos a esperanza que un país que non respeta ós disidentes intelectuais (os propios, os dos países os acolle) néganos.
Hai xente que dime que son un esaxerado, e incluso provoca risas cando digo iso de que son un "disidente intelectual". A "escola do resentimento", termo traballado polo mencionado Harold Bloom, e que hoxe en día ten a súa máxima expresión no "wokismo", tende a descobrer ós disidentes intelectuais en países exóticos, pero nunca nos propios, lles parece imposible que nun país occidental un branco, heterosexual e xudeucristián sexa obxeto de persecución.
Semella ser inconcebible que en España, que nun país occidental, haxa disidentes intelectuais, e eu lles digo que habelos hainos. Eu fora bolseiro de investigación na institución provincial, asinara con ela unha bolsa de catro anos, pero cando pasaran dous xa estaba na rúa. Pode que renunciara a unha bolsa de tres anos por aquela de catro, qué pasaría entón? Aplicáronme outras bases con carácter retroactivo, pode que fose legal, pero non foi ético. Ser expulsado da administración na cal estabas tras superar un concurso público… non é unha proba contundente de que estamos ante un disidente intelectual?
Ademais da boa literatura, está os bos libros de filosofía, os bos libros de Historia, por exemplo a obra sobre a antiga Roma de Theodor Mommsen é tan extensa que sempre terei unha páxina que ler del ó longo da miña vida. Levo anos lendo, por etapas, O mundo como vontade e representación de Arthur Schopenhauer para a confección dun traballo de epistemoloxía que confeso que me ilusiona moito, a continuación deste traballo meu apórtame gañas de seguir vivindo a pesares das noites insomnes por un ruxido no oído esquerdo e a parálise total do lado esquerda da miña faciana por mor dunha lesión desatendida.
Para ese traballlo de epistemoloxía estou usando a Sigmund Freud, Karl Gustav Jung, Oswald Spengler, Henri Poincaré, Rudolf Eucken, Friedrich Nietschze ou Glottlob Frege, así como obras de neurociencia como a de Elkhonon Golberg, e aínda me quedan por comeza-la obra de Enmanuel Kant, David Hume, George Berkeley, Gotthold E. Lessing, Friedrich W. J. Von Schelling, Georg Wilhelm Friedrich Hegel, ou Thomas S. Kuhn entre outros, obras e autores que levan anos na miña biblioteca.
Digamos que teño máis libros que ler, e xa o teño moi avanzado, máis de seiscentas páxinas, que historias que contar por Scheherazade. E en canto a miña Historia de Roma, levo máis de oitocentas, e iso non representa senón pouco máis que o índice, ou os meus ensaios sobre o culto xacobeo, as orixes do cristianismo, as mentalidades ante a morte en Occidente entre os séculos XIII e XV, ou un sobre a inestabilidade social na Pontevedra do século XV, á cal o ofrecín para publicar á institución provincial renegando os meus dereitos de autor e so atopo silencio administrativo.
Despois publican as obras dos seus amigotes. Se nengunha destas obras é publicada, non é iso outra proba que estamos ante un disidente intelectual? Fai unhas semanas fun a rexistra-lo meu libro sobre o exército romano, xa sei que soa mal que eu o diga eu, pero non coñezo mellor libro sobre o tema. Neste momento o libro está retido por unha editorial dende fai tres anos, e non sae publicado. Merece a miña obra científica e literaria iso?
Pero a pesares das poucas satisfaccións económicas que recebemos os disidentes intelectuais, atopamos un gran pracer cando atopamos nas nosas investigacións un novo argumento, un recurso inxenioso, ou cando lemos unha boa obra. Eu teño o manía de cando o libro ponse interesante, deixalo para o día seguinte, é a táctica de Scheherazade. E falando de Scheherazade, nunca escoitaron a obra sinfónica que lle adicou o gran Korsakov? Eu o fago unha e outra, en bucle, dende fai décadas, recomendable, moi recomendable, máis que os grandes éxitos do verán dun panorama cada vez máis decadente.
Os poderes establecidos queren que os disidentes intelectuais acudan a un recurso tan "romántico" como é o suicidio, xa que na comunidade europea os listos que escribiron a súa Constitución nega o estatus de asilo político e de disidente a cidadáns doutros países europeos. Créanme, eu levo anos tentando que se me recoñeza ese estatus dende Austria, a miña querida, amada Austria, ou Alemaña.
Sen en vez de ser de España fora de Juipilochistán (non busquen o nome, acabo de inventarmo) xa tería o asilo concedido presentando un tercio de probas das que presento eu: negativa de asistencia médica, negativa de publicación da miña obra científica, negativa dunha institución académica da miña cidade á cesión durante dúas horas dun día dunha das súas aulas para impartir unha conferencia no campo do saber no cal son doutorando, expulsión da administración tras acceder a ela por concurso público, negativa por parte de servizos sociais para que me fagan un informe para que a banca me conceda unha conta libre de comisións a pesar de non ter ingresos…. suma e segue.
Por suposto, na táctica de Scheherazade, tamén inclúo a necesidade de seguir vivindo, a pesares do sufrimento, para poder asistir ó seguinte concerto da "Sociedad Filarmónica". Praceres de disidente intelectual, cando ler a Schopenhauer e escoitar a Beethoven che converte nun disidente nun mundo no cal trunfa a novela barata e a música decadente, nun mundo no cal hai un claro intento de implantar un pensamento único (e o están a conseguir) sen darse conta de que un pensamento, cando é "único", deixa de ser "pensamento".
Un día sen ler, un día sen desfrutar do pracer estético de ver unha obra de arte, escoitar unha boa peza musical, é un día perdido. Sen a literatura e sen a arte a vida sería máis difícil, a vida sen literatura e sen música é unha vida que non merece ser vivida.