![Pedro J. Peón Estévez](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/af6/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DE1AC_/_Il61oA_/59476aeed0-pedroj.jpg)
Pedro J. Peón Estévez
Marina, a peixeira
(Inspirado no monólogo "La sardinera" dos xeniais Hermanos Tonetti)
Marina, Marina, Marina
contigo quixera casar…(bis)
Bela pescadora
non me deixes só, non
rompas o meu corazón
ai non, non, non, non non ! (canción popular)
O personaxe viste mandil, saia ata o xeonllo, pano anoado á cabeza, patela de carchas e trapo na man. Vai descalza ou con alpargatas. Chega arrandeándose coa patela na cabeza, cantando algunha conhecida canción marinheira ( Catro velhos marinheiros…Ondinhas venhen…o rodabalho…) cando acada o que puidera ser o centro dunha praza urbana, pousa a cesta no chan e comeza a ofertar a mercaduría. Chámase Marina e fala na forma dialectal de Marín).
MARINA - "A ver nenas, asomade esas juapas caras á xanela e mercade un peixinho. Non vos aghochedes detrás do visillo porque xa vos mirín. Traigho sardiña e bocarte; tamén xurelo pequeno ! Están fresquísimos, venhen saltando na sesta….mirade que merlusiña….cooomo!?…que é moi pequena ?pois que che traia unha o teu marido que as pesca ben ghordas! Veña nenas; dádevos un capricho na casa e fasede un ghiso, unha caldeirada, unha fritada…unha orghía ghastonómica…Teño fanecas, burases, chincho e parrocha limpa e fresquiña…( entedámosnos; parrocha é a sardiña pequena, a xoubiña, e non o que vós estades a pensar…malisiosas! ) A ver pimpollos que traio de todo, e se algho non tivese, mándoo vir da lonxa nun pis-pás! Teño un rodaballo presioso…( canta: )
Rodaballo, rodaballo
ti naseches desghrasiado
pois por non haber aseitee ui- ai- ai !
tivo que morrer asado….
Mala chis-pa te coma…..( lograr que o público acompanhe )
Veña béibis, mercade peixiño, teño de todo:
Chámome Marina/cheghín de Marín/ traijo lanjostino/ lula e espadín
Tráijovos lorchiños/ e tamén palique/ traijo patajullos/ e moito alcrique
Levo carioca/ teño camarón/ teño peixe-sapo/ tamén longheirón
Traio chicharro/ teño marajota/ polbo cabesudo/ e pota, pota, xorelo e pixota.
(desconhezo a técnica do rap. Alguén máis esperimentado ca min debería compor estas rimas. Nota: un rapante é un peixe, non un antante de rap)
Si, isto da troula está moi ben pero eu teño unha récua de catraios que manter, así que vaian mercando material antes de que se acabe. Mira que necoriñaaas! Andan de medio lado coma o teu home cando vén carghado. E non vexades o polbo máis hrico que teño!…ai ji-ji-jí ?…ter, teño pulpo pero hai que chamarlhe polbo por aquilo da normativa académica…que eu aínda que ando co peixe tamén estudín no das monjitas, ou que pensades ?
Velaquí que cacho polbo. É máis ghrande ca min! Só quere augha quente, tres veses asustado, cosido, picado, saljado, pementado, aseitado e hala pró bandullo! Desde a Ghuarda ata Sedeira PULPO Á FEIRA!! GHALISIA CALIDADE!
E mirade para aquí, cousa bonita; parese que queren fuxir da sesta…como lle chamaches ?…caralla ?…Ai, "caballa". Onde lle chaman así ? En Madrí ? Pois ben podías chamarle rincha ou xarda en cristiano…a ver; póñoche media dusia ?…coomo?…que é peixe de pobres ? E lojo ti que queres? Presebes? Mirai que finolis nos saeu aquí "la marquesa de Pisaverde"…mañán tráijoche ostras con champán…pois si que ten o padal sensible aquí a señora de Toghínez…tranquila muller, a ti eiche trer marisco fino: quilo e cuarto de Conosdevella…que ?! ás lapas das pedras chámanlle asi. E ti Domitila non rías tanto que ó teu home encántanlhe, hai que ver como se relambe !
Mira Ramona, para ti teño aquí un pancho estupendo…como que que é !? Un burás…si muller, un besujo…un ollomol a ver se entendes así…como dixeches ?…que ten o ollo colorado ?…mira bonita: ( arremángase e ponse en xarras ) baixa para abaixo que ti tamén vas acabar cos ollos colorados…os dous !….Que é o mesmo da semana pasadaaaa ??! Quen ? O besujoo ? Oes Lurditas; desde a ventá es ti moi valente pero se te pillo aqui embaixo…ata te aghano mira!
Hoó!, o da semana pasada comeuno o señor marqués de Riestra e ben que lle soubo…ou pensas que non teño clientela distinjida ?
A ver Lurditas, que che poño ? Podes levar un quiliño de caralletes para o teu home ( por aquilo de o que se come se cría )
( Retoma o rap-spot publicitario )
"Teño pescada/ levo meghacho/ dentuda rabada/ longo anghiacho
Pulpo da costa/ tamén abadexo/ dentuda rabada/ e aljún caranghexo.
Chincho, chicharro, chicharrillo, chicharrón.
Xurelo da choca, xurelo moscón xurelo trolo e xurelón
e fanecón que chaman fodón !
e como entrante tamén traio chipirón"
Amosa unha vidira e di:
Mirade cousa bonita. Os franchutes chámanlle "Coquille de Saint Jacques", que xa fai falta ser revirado podendo chamarlle Vieira ou Aviñeira…mirade a cuncha lombuda que se chama ferreña, e por que ? Porque vale para acompañar ós ghaiteiros: (canta) " E chisco por diante, e chisco por tras, e tócalle as cunchas churrascarraschás "…E saaaben hummm!, saben a ghloria bendita ! E tamén a samburinha, o que pasa é que escasea. Xa o disían Juán e Júnior: "Samburiña onde estaa aá". E así como o mixilón se cria encoljadonunha corda na batea, esta críase pendurada do pescoso dos pereghrinos que van a Santiagho.
E march porque tenño que marchar, que o señor de Pitiví ameixa ghalleja babosa e eu téñoa moi boa…de Carril por suposto e non esa que vos pensades…e queme disides destas fanequiñas…Hó; que se son do día ? Non filliña, son de Portonovo de pola mañá sedo; nin doDía nin do Mercadona…a ver; póñoche medio quiliño ?…que van ser caras muller, se son rejaladas! Ai que repunantiña que es! Pero como sodes tan coneóns que non jastades un peso en peixe pero ides de copeteo todas peripuestas !? Veeeña, mercádeme este rañorte!…dixen rañorte ? E porque pensei na miña sojra si é tan boa que ata os memísimos Beatles lle fixeron unha cansión: Lady Mandona! "
(A peixeira, tras moito regatear e facer algunhas ventas, vaise tal como chegou, cantando algún cantar marinheiro: " No hay quién pueda", desde Santurce a Bilbao, amor mariñeiro ou cousa así.)
Corren malos tempos para o mundo da pesca e o marisqueo: contaminación, cambio climático, alta temperatura das augas e baixa salinidade, extración sen control, clandestinidade, sentinazos, resíduos radiactivos, mareas negras e as Rías ameazadas por celulosas e viscosas por se fora pouco.