Manuel Alfonso Estévez
Foncho, ex-vocalista das orquestras Galicia Nova e Radio, continúa no grupo folk Tarxa
Nas Festas da Coca de Redondela, compartían palcos na vila dos Viaductos as orquestras, Sintonía e Radio. Nun intre, Xosé Antonio, voz da orquesta de Varela, cantaba un tema que fixera famoso o inesquecible cantante de Ferrol, Andres do Barro "O tren".
Nese momento pasou por cima da vía que cruza a vila choqueira.
Unha anedocta de moitas que acontecen nas Festas de aquí ou acolá e diso sabe moito Ramón Oliveira Pérez, "Foncho", irmao de seis que tamen cantan. Él chegou a este mundo o día 9 de xaneiro de 1947, en Santo Tomé de Freijeiro, perto do Parque de Castrelos, comenzando no espectáculo, bailando xotas e Muñeiras, en San Paio de Navia e mesmo cantando en Festas de Reis na que participaba tamen a súa irmán Isabel.
Na década dos sesenta, subiu por primeira vez o palco coa orquesta Galicia Nova, compartillando a voz con con Ana María Ubeira, a presentación, no Baile de Nigrán con "Campanero Jerezano" e Pasodoble "Cante", Salón "Estrella" en Salceda de Caselas; Baile do Ramón en Villar de Infesta, Redondela; Salón La Palma, Cangas do Morrazo; Monte Faro, Domaio; Leirado de Salvaterra de Miño outro Baile do Ramón; Baile de Ardán; Salón O Reke, O Carballiño; Paso Nivel, Porriño ou Tea en Ponteareas, foron salas onde, foi collendo tablas como cantante, antes de trocar de formación, sendo a última actuación con Galicia Nova, na Festa da Soledad en Beirán, Matamá.
Converteuse pronto en vocalista da Orquestra Radio de Vigo, baixo a dirección de Antonio Moreira Pérez, pianista da formación, moi coñecido aquí e alá, por compartillar oficio de perruqueiro na rua viguesa de A Florida.
E si a última actuación coa Galicia Nova, na Festa da Soledad en Beirán (Matamá) o debut coa Radio,tivo lugar no baile de Ardán.
A finais dos anos setenta nas Festas da Florida despediuse da Radio.
Participou no Festival Novas Estrelas de Radio Vigo e foi integrante da Coral de Matamá durante dous anos, de 1974 a 1976. Vinte anos no Coro de Castrelos e sete coas Cantareiras do Berbés.
Hoxe, integrante de grupo Tarxa e van tres décadas, paixón e arte, a deste muchacho que vive a beira do Camiño da Seara, onde noutros días compartimos conversas musicais, incluidos algunhas deslocacións o veciño Portugal que adora.