Pedro J. Peón Estévez
23 de avril, inxustizas mil
Parece que foi onte e xa vai para 23 anos cando un 23 de avril de 2001, unha caterva de violentos: a eterna cacicaxe galega secundada por unha garda pretoriana de mercenarios chegados de lonxe e unha lexión de treidores de fóra e dentro da parroquia: xornalistos e políticos de diferente pelaxe, informadores camuflados, fotógafos, cámaras etc. etc. En Praceres había carnaza para todos: ver como malhaban no pobo indefenso era un espectáculo que non tinha prezo. Nunca antes Concelhos, Deputación, Xunta e governo central estiveran tan unidos. Partidos políticos de cores diferentes formaron pinha contra o pobo de Lourizán. So a forza do carto e a senrazón foi quen de imponher o tren eucalipteiro case 120 anos despois de ser xestado a finais do sec. XIX !!
Houbo feridos, familias desfeitas, xentes condenadas e multadas. Fomos calumniados, denostados, insultados, ameazados…e o tempo veunos a dar a razón pero nin indemnizaron, nin devolveron, nin tan siquera nos pediron perdón. Era necesario que quedara ben claro que os senhores mandaban e os parias obedecían. E iso que o dictador levaba vintecinco anos …morto ?
E aí segue o panterlo da vergonha, as vías, os pasos a nivel (ilegais por sentencia firme) É necesario que a xente entenda que a cacicaxe mandante fai o que lhe peta e os demais a calar eachantar; nin xuíces nin xurados; nin dereito, nin xustiza, nin democracia, nin ostias. Todos, e cando digo todos é que todos os mandaricas grandes e pequenos eran promotores declarados do tren. Agora, na hora de retirar os ilegais pasos a nivel, todos escorren o vulto, botan balóns fóra ou din “yo no sabo nada”. Algúns xa pandaron; Fraga, Cuíña, Toneco…pero as súas institucións seguen aí e non se resposabilizan de nada. Outros aínda están aí pero pónhense de canto e miran para onte. Non pasa nada, este é o país da impunidade (para o senhor) para o paisano hai ostias a eito.
O martes 16, a hemeroteca da Voz sacou á luz a Xesús o párroco defendendo ós vecinhos naquela loita desigual e dicía o Fraga (Diolo descanse) “Espectáculos como el del cura tocando a rebato como si llegaran los berberiscos a quemar Marín, me parecen de otro tiempo”. Non eran berberiscos; era algo peor: eran caciques reaccionarios acirrando ós madeiros contra o povo indefenso, realmente parecía cousa doutro tempo: do medievo.
Daquela Mariano era minixtro de interior e dicía el desde Madrid: “ Lax cargax ( da policía ) fueron proporcionadax” e quedou tan pancho o tío.
Non foi doado. Pasadas as tundas, vinheron os xuízos mailas multas. Mandaron diversos liantes polas portas co ánimo de enfrontar ós vecinhos; de facerlle o vacío ós que resistían, de presionar ás súas familias e amigos; despois da guerra aberta veu a guerra suxa.
Disque andan matinando nun xeito de pasar por embaixo das vías sen tocar estas pero é tan surealista e fantástico que o deixaron a ver se se esquecen dos pasos a nivel e queda a cousa así. Como queda todo en Lourizán desde tempo inmemorial. Na famosa foto do cargamento de caciques da viaxe inaugural do tren, xa faltan algúns. Pero como di certo amigo meu: Ímoslhe tomar uns vinhos á do roxo e que siga o enterro.
Nunca esqueceremos ós nosos amigos Xosé Saramago e Méndez Ferrín.