Manuel Campos
Carta do alcalde Manuel Campos a Roberto Caeiro Duarte
A Roberto Caeiro Duarte (16.09.1976 - 08.09.2023)
De neno eras tranquilo, correcto, calado e todo che parecía suficiente aínda que non fora moito.
De rapaz fixécheste tenaz, traballador e sufridor. Sempre intentando conseguir as túas metas e loitando sen desfalecer.
Un bo fillo que non deu unha dor de cabeza aos seus pais, vamos un fillo modelo.
Xa de mozo seguíches traballando na túa preparación con devoción para poder rematar o empezado e recoller así froito de tanto esforzo.
Pero sempre fixéches aceptando os consellos que che chegaban e confiando cegamente nos amigos.
Fuches unha persoa de valores que sempre tiña un sorriso para aparentar que estaba ledo aínda que non o estiveras.
Xa de home seguíches sendo un loitador incansable cunha chea de ideas que pulias mentras traballabas coas túas mans para quitar a dor aos teus veciños.
Pero a pesar de adicar tanto tempo aos demais nunca deixabas de lado a túa familia, en especial aos teus fillos, a túa muller e aos teus pais.
Fuches unha persoa fiel, honrada e de valores, algo que no mundo actual escasea.
Por iso en moitas ocasións o teu esforzo e sacrificio polos demais facía que te esqueceras de ti mesmo.
Seguramente me falten mil e un adxectivo para describir o bo ser humano que eras.
Por iso, te teremos sempre presente entre nós, nunca te poderemos esquecer por fuches único e porque todo canto digamos de ti sempre se quedará corto.
Só esperamos que algún día en algún lugar cheguemos a atoparnos de novo amigo .