Marcos Regojo
A chuva do tempo
As gotas de auga
son segundos
na chuva do tempo.
Ten que chover
para que chegue o olvido.
Cando os cristais choran,
chora con eles miña alma.
Ten que chover
para que chegue o olvido.
Sosiño, cheo de saudades...
Melancolías
ollando por unha chanela...
Ten que chover
para que chegue o olvido.