Tribuna Viva
Traballadores do Servicio de Prevención de Incendios vense prexudicados polos procesos de estabilización
A ESTABILIZACIÓN DO PERSOAL DE 6 MESES DO SPIF É UN ERE ENCUBERTO
Tras a negociación da Dirección Xeral de Función Pública e as organización sindicais, a Dirección Xeral tomou a decisión unidireccionalmente de meter nos procesos de estabilización derivados da lei 20/21 a parte das prazas que están ocupando os traballadores fixos-discontinuos do SPIF que empezaron a súa relación laboral ca administración autonómica en xullo do 2019, causando con iso un grave dano a ditos traballadores, fomentando a desigualdade e posiblemente usando estas prazas para reubicar aos traballadores interinos que traballan no SPIF todo o ano, que non consigan coller unha praza de xornada anual tras os procesos.
A pesares das ducias de alegacións que fixeron os traballadores, non se tiveron en conta, agora estas prazas van a uns procesos extraordinarios nos cales non deben estar, polos seguintes motivos:
- A administración considerou que só unha parte dos traballadores que prestan servizo dende xullo de 2019 cumpren as condicións para ir a os procesos de “estabilización” derivados da lei 20/21, eses traballadores son os que prestaron servizo na empresa pública SEAGA. A administración interpretou que había unha continuidade nos contratos de ditos traballadores, cando eses traballadores finalizaron a súa relación contractual na empresa renunciando a praza polo fin da encomenda de Extinción de Incendios que a administración deixou de concederlle a SEAGA. Eses traballadores que estaban apuntados nas listas de contratación pública 37/2006 foron chamados no ano 2019 e empezaron o seu contrato en xullo dese mesmo ano, todo esto a raíz da creación dos postos de traballo na RPT de Medio Rural. Polo anterior non pode haber continuación dos contratos porque non houbo subrrogación dos traballadores que prestaban servizo en SEAGA, senón que, por orde de puntuación foron chamados na lista de contratación.
- Por outra banda, a propia administración (concretamente a Dirección Xeral de Función Pública) non recoñece o tempo de traballo en SEAGA para o cómputo de trienios, indicando que non se poden computar os servizos que non foran prestados para unha administración pública, entonces para efectos de continuidade na administración non se entende que si o sexa para este proceso extraordinario e para computo de trienios non.
- Estes procesos de estabilización non se entenden se causan o efecto contrario. Parte dos traballadores que empezaron en 2019, ofértanlle as prazas que están ocupando nestes procesos extraordinarios e a outros non llas ofertan, empezando a relación laboral o mesmo día, as de uns traballadores quedan expostas a elección e as outras non, cando estes procesos son abertos e pode participar todos os cidadans estén ou non estén na administración.
- A norma non recolle que se incluan nestes procesos extraordinarios as prazas con relación contractual de xullo do 2019, nin en ninguna disposición nin no articulado.
Por todo o anterior a administración autonómica está fomentando a desigualdade entre traballadores, en vez de nun futuro próximo convocar todas as prazas da RPT de Medio Rural do 2019 en igualdade, mediante un concurso-oposición ordinario.
Non so se perxudica os traballadores, perxudícase a eficacia do dispositivo de prevención e extinción de incendios de Galicia, xa que bombeiros forestais que levan traballando xuntos 4 anos, nas próximas datas, a maioria, non van a conseguir estabilizar os seus postos e vanse as listas do “paro”, os que o consigan non o farán na brigada na que están.
Perdendo con isto eficacia na extinción e perdendo en seguridade nestas tarefas cun elevado risco. Non é a forma de premiar os bombeiros forestais de Galicia que deron todo o que tiñan durante a vaga de lunes que asolou o noso territorio o pasado verán.
Bombeiros forestais fixos-discontinuos de 6 meses do SPIF