Tribuna Viva
Felicitacións aos canteiros no día da súa Patroa
A Asociación canteiros de Poio quere felicitar a todos os canteiros galegos, na Galiza e na emigración, no día da súa patroa Santa Lucía (día 13 de Decembro).
Achamos que é importante un ano máis salientar importancia, o valor e a dignidade do oficio, e que tamén así se reflexen no seu recoñecimento laboral por parte das institucións políticas e da cidadanía.
A Asociación de Canteiros de Poio formada por alumnos e exalumnos da escola de Canteiría de Pontevedra, quere que se acelere o proceso de traspaso da Escola da Deputación, á Xunta, xá que actualmente o alumnado
está tendo deficiencias no ensino, coa falta de profesorado, xá que non é sustituido estando de baixa, así como que aínda se seguen a facer encargos sen cumplir o plan de estudos.
Santa Lucía e a patroa dos canteiros pola vista, agardemos que non só os canteiros teñan saúde na vista e que tamén a clase política saiba ver e solucionar, a situación da nosa escola.
Un saúdo cordial,na véspera do día da nosa patróa
Manuel Sestelo e Javier Diéguez, presidente e vicepresidente da Asociación canteiros de Poio