Tribuna Viva
San Roque, o barrio esquecido
O luns 23 de setembro, 2019 a prensa local publicaba:
El Concello trabaja ya en la planificación de las próximas obras de reforma urbana en Pontevedra. Así lo ha anunciado este lunes la portavoz del gobierno municipal, Anabel Gulías. …el gobierno formado por BNG y PSdeG-PSOE ha puesto sus ojos en varias zonas de la ciudad en las que los vecinos llevan reclamando una actuación desde hace años.
Se trata, entre otras, de Campo da Torre y las calles adyacentes, de la zona de Monte do Taco y del barrio de San Roque. "Eses son os desafíos inmediatos que nos marcamos", ha destacado la edil nacionalista, que ha explicado que estos proyectos de reforma, junto con el calendario previsto, serán presentados a lo largo de las próximas semanas.
El 20 de agosto de 2022, tamén na prensa local:
El concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, anuncia en diferentes medios "a renovación integral do parque do Campo da Torre, mellorando os espazos verdes e a dotación de zonas de lecer infantil. Inclúese o orixinal proxecto deseñado polo arquitecto pontevedrés Víctor Hermo para a principal praza do barrio de San Roque, no que se combinarán estruturas de xogo, descanso e encontro veciñal, formuladas mediante a integración de elementos naturais como a madeira, o arboredo ou a plantación dunha árbore".
Ou sexa, queren humanizar a Praza do campo da Torre cun proxecto que só atinxe ó "parque infantil." E o resto da praza? Sr. Iván Puentes: hai que escoitar ós veciños, non so a un. Posiblemente lle comentarían que as beirarrúas son moi estreitas e que ademáis os coches aparcan en batería polo que co seu morro reducen máis o espacio das mesmas. Si se contemplase a "humanización" de toda a praza posiblemente se farían beirarrúas amplas (de 1,5m ou 2m) dotadas de baldosas pododáctiles na unión destas cos pasos de peóns para "humanizar" a vida dos invidentes e facer estes encontros, beirarrúas-paso peonil, en suave pendente para "humanizar" a vida das persoas que teñen que desprazarse en cadeira de rodas. E unha idea, ao mellor moi peregrina, pero aí queda: poderíase desprazar o parque e unilo coa beirarrúa da praza de Touros eliminando o vial que hai entre os dous e poñendo todo a un mesmo nivel? Gañaríase espacio no centro da praza. Claro que o presuposto dispárase, pero si humanizamos, humanicemos ao completo.
E si continuamos falando de humanización, vostede que acude con frecuencia á sede do seu partido, no nº 5 da Rúa Irmáns Nodales, sitúese na entrada e contemple a beirrarúa. Agora imaxínese en cadeira de rodas e baixe pola mesma ata o final da rúa. Qué faría? Na actualidade nesta rúa hai dúas persoas que se desprazan en cadeira de rodas (fai poucos anos eran tres) e non lles queda máis remedio que de cando en vez empregar a calzada para poder avanzar. Se en 2019 a Sra. Gulías dicía que en este barrio ían ser atendidas as reclamación que levaban facendo dende fai moitos anos, por favor! póñanse de acordo, cumpran as promesas e actúen de forma coordinada para que no Campo da Torre se fagan as obras necesarias para que de verdade se consiga a completa humanización.
Asociación de Vecinos San Roque