Tribuna Viva
7 anos agardando polo ERTMS entre Vigo e Compostela
Xa pasaron máis de 7 anos dende que o Ministerio de Fomento, tal e como se chamaba naquel intre, licitara a instalación do sistema de seguridade ERTMS e concretamente o subsistema ETCS entre Compostela e Vigo, pero a pesar do tempo transcorrido sigue sen entrar en funcionamento o sistema que supervisa a circulación dos trens en todo momento e que por elo, aumenta a seguridade e a puntualidade dos trens, unha das queixas que usuarios e usuarias trasladaron a RENFE, ADIF e Ministerio pola falta de puntualidade nos trens que utiliza as persoas que van en ferrocarril e volven dos seus postos de traballo todolos días.
En 2015 saíu a licitación da instalación do ETCS (sistema europeo de control de trens nas suas siglas en Inglés) entre Compostela-Vilagarcía-Pontevedra e Vigo, comezándose en 2016 a súa montaxe en vía, polas empresas CAF, ALSTOM e SIMENS, producíndose problemas de compatibilidade entre os sistemas instalados por cada empresa, o que provocou que o periodo de proba se alongara moito mais do previsto.
Mentres tanto, RENFE formaba aos seus maquinistas, xa que estes teñen que ter un período de formación previo a circular co sistema en funcionamento no tren de dúas semáns. Esta formación impartiuse no ano 2019, pero xa caducou, porque ao non circular ningún día co sistema en funcionamento durante un ano, os traballadores perden a habilitación. Mais tarde no ano 2021 RENFE volveu a dar formación no sistema de seguridade ERTMS aos maquinistas de Vigo e volveu a caducar, xa que o sistema sigue sen estar posto en funcionamento.
Nestes intres o sistema instalado na vía xa está preparado para ser posto en servizo, pero agora os trens S/121 teñen un sistema ERTMS/ETCS fabricado por AnsaldoBreda que non é compatible co instalado na vía, tendo que mudarse estes sistemas de todas as unidades eléctricas de esta serie que circulan por Galiza na liña Coruña-Santiago-Vigo Urzaiz. Isto supón facer probas co novo sistema que se instale nos vehículos S/121, estando previsto comezar cas probas nos vindeiros días, pero sen concretar aínda RENFE e ADIF a data prevista de posta en servizo.
Desde CGT denunciamos a descoordinación entre os responsables de ADIF e RENFE, que son incapaces de harmonizar criterios técnicos comúns que permitan conxugar a posta en servizo do sistema de seguridade ERTMS/ETCS na liña Compostela-Vigo Urzaiz, evitando as continuas prorrogas, suspensións, incompatibilidades, etc que dilatan excesivamente a posta en servizo dun sistema que mellora a seguridade e fiabilidade das circulación ferroviarias do eixo atlántico A Coruña-Vigo Urzaiz, uns dos corredoiros de Media Distancia mais utilizados da rede ferroviaria española.