Tribuna Viva
Confírmase a aldraxe ao Corpo da Policía Local
Coa publicación o día 25 no BOP do acordo de aprobación definitiva da modificación da Relación de Postos de Traballo constatamos a maior aldraxe cometida por este goberno local contra os funcionarios do Corpo da Policía Local.
Non queremos esquecer ao resto de traballadores municipais que tamén son obxecto de maltrato nesta RPT pero a nosa obriga como sindicato de policías é denunciar os abusos que se comenten contra os funcionarios deste Corpo.
A publicación deste acordo ven a rematar un proceso que se remonta catro anos atrás, un proceso impositivo disfrazado de negociación unicamente porque a lei obriga a que esta materia sexa obxecto de negociación cos representantes dos traballadores. Todas a propostas que a administración leva á Mesa Xeral de Negociación sácanse adiante sin que ningunha das aportacións presentadas pola parte social sexa tida en conta nos aspectos máis esenciais e lesivos. Esto é un fraude de lei, trátase de aparentar unha negociación unicamente pola convocatoria constante de reunións pero nas que nunca se logra que a administración se mova do seu propósito inicial.
Para concretar o que supón este acordo hoxe publicado para a policía imos facilitar uns datos:
1º .- O Complemento Específico é a parte das retribucións que recolle as condicións laborais dos distintos postos de traballo; a partires de agora o Complemento Específico dun funcionario de policía ven a ser duns 80 euros máis ao mes que o de calquera outro traballador do mesmo grupo (C-1) no Concello de Pontevedra e nesa diferenza recóllense conceptos como son a turnicidade, a perigosidade, a penosidade, a dificultade técnica, a responsabilidade e, a maiores, a ampliación de 100 horas anuais na xornada laboral, a nocturnidade e a festividade. Por máis que facemos contas non somos capaces de atopar o abono de ditos conceptos en tan reducida cantidade.
2º.- O Complemento de Destino é unha parte das retribucións que asigna un nivel a cada posto en función do grupo ao que pertence, no grupo C-1 vai dende o 16 ata o 22. Os funcionarios de policía teñen asignado un nivel 18, no que van a seguir despois deste "acordo", o resto de funcionarios do Concello do mesmo grupo están no nivel 20, esto supón que aquela diferencia de 80 euros mensuais a maiores no Complemento Específico que recibe un policía, ao ter en conta o Complemento de Destino vai resultar que, de feito, o salario real mensual a percibir sexa igual ou inferior a calquera outro traballador do grupo C-1.
3º.- Dentro do Corpo da Policía Local existen distintos postos de traballo, de feito hai postos na denominada unidade Loxística que teñen unhas condicións de traballo completamente distintas ás condicións dos policías da unidade Operativa. Os primeiros adícanse a traballos administrativos e burocráticos mentres que os da unidade Operativa son os que están prestando servizo nas rúas. Nunca antes se plantexara que un funcionario que está nun posto que non fai noites nin festivos fose retribuído por eses conceptos ata agora. A partires deste "acordo" coa unificación dos postos de policía baixo un mesmo código na RPT, todos os funcionarios de policía van ser retribuídos igual, dará o mesmo traballar polas noites, os domingos, festivos, nadal, etc. que non, o salario vai ser o mesmo.
Esto é, en resume, a culminación dunha aldraxe á policía local que comenzou hai varios anos coa chegada dun xefe que de seguida se converteu en xefe político máis que orgánico, que se preocupou de dotar á policía dun amplo plantel de mandos na escala executiva co único obxecto de delegar e diluir as súas responsabilidades, tamén se encargou de ampliar a dotación de persoal na unidade Loxística, aquela que se adica a tarefas burocráticas e administrativas, e todo elo en base a restar persoal á unidade operativa que, ao final, é a que realiza a prestación do servizo público nas rúas.
Foi capaz durante a súa xefatura de expoñer mediante informe que non precisaba máis plazas de policía, unicamente máis mandos, cando foi consultado sobre as necesidades do corpo. Agora, así as cousas, e xa ostentando un posto político mantén que non é preciso un aumento de plazas de policía, que o problema da falta de persoal soluciónase cunha ampliación de 100 horas na xornada anual.
Esto vai en consonancia con outro persoaxe que chegou máis ou menos á vez, quen agora ostenta outro posto político e que a súa única aportación á area de Recursos Humanos do Concello e conseguir a unidade sindical de todos os presentes na Xunta de Persoal contra a súa política impositiva. Estes dous persoaxes foron quenes de impedir que un funcionario do corpo de amplia valía e reputación se trasladase á Academia Galega de Seguridade en comisión de servizos aludindo á falta de persoal para no intre seguinte ser ambolos dous os que deixan os seus postos para ocupar outros de designación política (direccións xerais).
Gustaríanos tamén que se contestase a interrogantes como, por que se desbotou unha valoración de postos de traballo aprobada pola maioría da Mesa Xeral de Negociación no ano 2019? Por qué se volve a contratar unha empresa externa para unha nova valoración de postos despois de terse abonado 30.000 euros á empresa Tudó que fixera o estudo no ano 2019? Onde se foi a dotación orzamentaria de 300.000 euros para a implementación da RPT nos Orzamentos do ano 2019?
Dirannos que houbo que desbotala por mor da pandemia, pois ben, lembrar que dende maio de 2019 ata marzo de 2020 no que se declarou a situación de pandemia transcorreu case un ano, tempo máis que suficiente para a aprobación da RPT que, ainda que presentaba enormes deficiencias, era bastante máis real que a que finalmente se aprobou. A dotación orzamentaria estaba en cantidade máis que suficiente para levala adiante e tempo non faltou, todo o demáis que nos digan son escusas que non teñen maior recorrido toda vez que durante, esto sí, a pandemia se procedeu á contratación de catro direccións xerais que custan ao Concello de Pontevedra cerca dos 300.000 euros.
Sección sindical SPPME-Galicia no Concello de Pontevedra