Tribuna Viva
O Ateneo Santa Cecilia solicita que o Enterro da Sardiña sexa declarada Festa de Interese Turístico de Galicia
A pasada semana presentamos no rexistro do Concello de Marín a petición para que o pleno da corporación de Marín adopte o acordo que inicie o expediente que remate coa catalogación por parte da Xunta de Galicia do Enterro da Sardiña como Festa de Interese Turístico de Galicia.
Según a normativa da Xunta de Galicia este procedemento só pode ser iniciado polo Concello onde se celebre a festividade, e non por particulares ou asociacións como a nosa, de ahí o motivo da petición.
Nestos momentos contamos co apoio do PP e do PSOE e estamos seguros/as de que o BNG tamén o teremos. Ademáis temos coñecemento de que a proposta será levada a debate no pleno do vindeiro mes.
Dende o Ateneo Santa Cecilia somos conscientes de a cantidade de trámites que deberá superar a proposta para poder chegar a bo fin, pero somos optimistas e estamos entusiasmados/as de poder conseguir que O Enterro da Sardiña teña o recoñecemento que se merece.
Requisitos, efectos e vixencia de la declaración
- Antigüidade: Existe documentación que demostra que xa se celebraba no século XIX. (Voz de Galicia do ano 1882). Aínda que foi prohibido desde o ano 1936 ata que se recuperou no ano 1976, vense celebrando ininterrompidamente ata os nosos días, o mércores de cinza cada ano.
- Singularidade: Esta festa contén aspectos orixinais, únicos e de calidade, que a fan diferente de outros “Enterros” que se celebran en Galicia ou no resto de España. Esta festa é un claro reflexo da idiosincrasia da zona e do respecto a tradición. Un exemplo sería a Ladaíña que se lee, a cal data de 1893 e a música que toca a banda de música o longo do percorrido é do ano 1903. Todo isto e outros aspectos fan que o Enterro da Sardiña sexa única aínda que cada ano se vai innovando para enxalzar máis o evento.
- Arraigo: Ten un gran arraigo e aceptación popular non só entre a poboación de Marín senón que cada edición podemos comprobar que a asistencia de xente de distintos concellos galegos, va en aumento.
- Labor do Ateneo Santa Cecilia: Dende esta asociación se lle ven dando a esta festa unha importante promoción a través de distintos medios de difusión: cartelería, prensa, radio e incluso televisión, que fan que esta festividade se promocione non só a nivel local, se non tamén nacional. Estes derradeiros anos, desde o 2018, as principais cadeas de televisión tanto autonómicas como nacionais, veñen retransmitindo con conexións en directo o longo do dia, tanto a preparación como a procesión do Enterro da Sardiña de Marín.
- Valor cultural: A celebración deste evento é de carácter cultural e tamén tradicional do noso Entroido. Grazas ao Enterro da Sardiña de Marín ponse en valor e recupéranse tradicións ancestrais como é o velorio, as figuras das choronas ...
- Continuidade no tempo: O Enterro da Sardiña de Marín vense celebrando cada ano o mércores de cinza (mércores de Entroido) de maneira ininterrompida, nin polo tempo, pois nunca se suspendeu desde que se comezou esta segunda época no ano 1976, salvo no ano 2021 debido a pandemia do Covid-19. So o pasado ano pola pandemia pero se fixo no programa A REVISTA da TVG unha entrevista nos estudios de San Marcos explicando os orixes da festa e como se celebra actualmente.
Aspectos da festa
- Nesta festa o ser popular poden participar cantas persoas maiores e nenos queiran sen restricións de idade nin sexo pois inténtase que participe e se integre o conxunto da poboación
- A estética : Dende o Ateneo Santa Cecilia procuramos que a posta en escea da celebración, a ambientación, a recreación, e a infraestrutura onde se celebran os actos máis relevantes (Velorio, Sermón e lectura da Ladaíña, Asolagamento da sardiña etc.) e demais atrezzo así como os uniformes dos participantes, estandartes (obra do pintor marinense Manuel Torres) das diferentes confrarías, da comitiva respecten o máximo a tradición.
- Esta é una manifestación sociocultural que fai revivir as tradicións populares.
- Máximo respecto ao entorno por onde pasa a procesión e o seu mobiliario urbano, así como as prazas e demais localizacións onde celébrase esta festividade..
- A Creatividade e a calidade do evento pode verse nas distintas fotografías, notas de prensa e vídeos dos que dispoñemos.
- A dotación de infraestructura para a celebración consiste en: Un mes antes publicítase nas traseiras e laterais de diversos autobuses sinalando o dia e hora do Enterro da Sardiña. A semana anterior diante do concello colócase un coche fúnebre e na entrada unha mesa de firmas para recoller os pésames. Engálanse as rúas por onde vai pasar a comitiva con paneis onde se recollen fotografías antigas dos diferentes enterros. O propio dia montase no palco da música da alameda pola mañá o velorio da sardiña co catafalco, mesa de firmas de condolencia, pan de millo e viño, choronas, etc. Habilítase na praza do reloxo un escenario onde se lerá o Sermón e a Ladaíña por parte do axudante e o Bispo. Habilitase tamén un espazo no Porto onde o Bispo tira a sardiña o mar.
- A afluencia de visitantes e masiva, chegando de moitos concellos de Galicia
- A coordinación e colaboración do Concello e as Concellerías de Turismo e Cultura co Ateneo Santa Cecilia é total.