Tribuna Viva
A demagoxia de Luis Bará e Antón Louro
Dende a Asociación de Veciños Río Lérez, queremos denunciar, unha vez máis, as mentiras e demagoxia de Antón Louro e Luis Bara no Pleno Municipal de do luns, respecto da Praza da Castaña.
Escoitamos a Antón Louro recoñecendo o equívoco da reforma da praza da Castaña, pero non aportou nada, salvo decir que "se reformara cando toque". ¿Cando toca Señor Louro?
Tamén escoitamos a Luis Bara, decindo que habia outras prioridades na cidade e que a Praza da Castaña fora recentemente reformada.
A cara dura do Señor Bara e do Señor Antón Louro, non ten límites. Ao respecto recordamoslle ao Señor Louro, que o seu partido, nunha asemblea de veciños consensuara unha reforma da Praza da Castaña recollendo as necesidades dos veciños do entorno, incluso presentara un proxecto nunha Asemblea na antiga Escola de Maxisterio, cousa que os representates no goberno Municipal do PSOE, non cumpriron nin nunca defenderon, e chamanos a atención que o no grupo municipal do PSOE haxa unha veciña do noso barrio e núnca núnca levantou a voz en defensa do seu barrio nin dos seus veciños.
A mentira e Demagoxia do Sr. Bara, lle respondemos que el sabía perfectamente cales eran as aspiracións dos veciños e veciñas do Barrio de Santa Clara respecto a Praza da Castaña, incluso as consensuóu nunha Asemblea veciñal no salon de Actos da Cruz Vermella, para logo facer todo o contrario do que prometera, en vez da facer unha praza para os veciños, para disfrute de nenos e maiores cun castaño no centro, impúxonos un retrete canino con maiordomos que cada día recortan a herba para que os animais non se rasquen o...., impuxonos un castigo co consentimento do grupo municipal do PSOE a uns veciños que cometemos o pecado de protestar contra o abuso do poder e sectarismo que practica o BNG no goberno municipal con aqueles veciños/as que non comulgamos coas súas imposicións por riba da voluntade dos cidadans.
Nos non lle pedimos ao goberno municipal do BNG, un retrete canino, nos pedímoslle unha praza sencilla, para uso dos cidadáns, e dicer, nenos e maiores, cuns banquiños, un castaño no medio e alumeado. Polo tanto, o responsable deste despilfarro do erario público, do feismo e atropello aos veciños deste barrio, é só responsabilidade do goberno municipal, f acendo algo inútil para a cidadanía. Polo tanto a imposicion de este retrete canino, non se pode entender máis que un castigo aos veciños e veciñas da rúa Cruz Vermella e rúas axacentes, e non tragamos que o deseño da mesma sexa imposta polos técnicos municipais, pois os que gobernan non son os tecnicos e estes so responden as demandas que o goberno lles pide, e o goberno, tanto BNG como o PSOE, sabían perfectamente as necesidades e demandas dos veciños asi que ¡menos lobos caperucita!
Os politicos estan para resolver as necesidades dos cidadans, non para crear conflictos e gobernar e contra dos intereses dos veciños. Ai se ve a clase política, por iso non é de extrañar o afastamento da cidadanía dunha clase politica sectaria e mediocre cada vez máis alonxada da cidadanía do común.
Asinado: José Luis Vidal Laiño (Secretario da Asociación de Veciños Río Lérez)