Tribuna Viva
Os hostaleiros presentan recurso ante o TSXG contra as restricións da Xunta
Dezaseis asociacións aglutinadas en torno a Hostalería Federada Galega (HOSFEGA), que representan a máis de 4.000 empresas en Galicia, apoian o recurso presentado ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) por empresas compostelás contra a Orde do 22 de xullo que establece medidas que afectan ao sector hostaleiro.
O recurso foi interposto o 6 de agosto e admitido a trámite polo TSXG o día 10.
O documento é a continuación dunha serie de medidas que pretenden visibilizar a problemática que afecta ao sector debido ás limitacións que se levan imposto desde o comezo da pandemia e que consideran “desproporcionadas, discriminatorias e non consensuadas”.
Neste sentido, argumentan que producen unha “forte criminalización” da hostalería e non aportan “efectividade” para frear a pandemia.
Pola contra, engaden, as restricións na súa actividade producen alternativas de ocio privadas sen ningún tipo de control. O propio conselleiro de Sanidade, na súa comparecencia do 10 de agosto, recoñecíaas como o principal perigo nestes momentos para a proliferación de contaxios. O sector considérase parte da solución, ao igual que xa está acontecendo no Reino Unido, onde despois de eliminarse todo tipo de restricións obsérvase una evolución positiva da pandemia.
Indemnizacións
Tanto Ahituvi como o resto das asociación tamén reclaman un plan de indemizacións “real” que cubra as perdas que se producen no sector co obxectivo de manter o número de empresas e os postos de traballo que se xeneran. “O sector está disposto a estudar medidas de carácter efectivo que nos permitan traballar ao 100% das nosas posibilidades, tanto en limitacións de capacidade como nos horarios que temos establecidos legalmente nas nosas licenzas, de aí que se valore a posibilidade de implantar un pasaporte sanitario modelo Francia que permite ao sector dese país traballar sen restricións. “Se non nos deixan traballar, que indemnicen”, indicaron os representantes do colectivo.
Listaxe de asociacións que apoian o recurso dos hostaleiros de Santiago:
- Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Compostela
- Asociación de Empresarios Lugo Monumental
- Asociación de Empresarios Beiras de Viveiro
- Asociación de Hostelería de Ribeira
- Asociación de Hostelería de Moaña
- SHOS Hostelería Coruña
- APEMER Vigo (Asociación Provincial de Establecimientos Musicales y Espectáculos Reglados)
- Asociación de Hostelería de Betanzos
- AHROU, Asociación de Hostelería e Restauración de Ourense
- Asociación de Hostelería Boiro-Rianxo
- Asociación de Hostelería de Bueu
- ARECA, Asociación de Restauración de Cangas
- Asociación de Hostelería de Caldas de Reis
- Hostaleiros e Autónomos de Ferrolterra, H.A.F.
- AHITUVI, Asociación de Hostelería e Iniciativas Turísticas de Vilagarcía
- HOEMPO, Asociación de Hosteleros de Pontevedra, Poio e Marín