Tribuna Viva
Recollida de sinaturas contra o parque eólico do Castrove
O próximo xoves 12 de agosto de 6 a 9 da noite integrantes da Plataforma Veciñal "Non ao Parque Eólico do Castrove" situaránse na Praza da Chousa, de Combarro, para informar á poboación e recoller sinaturas en contra do Parque Eólico do Castrove.
O obxectivo é informar á poboación do proxecto de construcción do parque eólico sobre o monte Castrove, que afectaría en gran medida a toda a contorna do parque e as poboacións próximas en varios kilómetros á redonda.
A plataforma terá a disposición do público alegacións para quen quiera rexeitar este proyecto, e así sumar forzas para defender o monte Castrove, algo que dende a semana pasada, está reclamando un número de xente cada vez maior, incluso contando co apoio de outros colectivos, xa que se está a dar una situación parecida e mol alarmante en todo o rural gallego.
O colectivo recalca "non estamos en contra da energía eólica, estamos en contra este modelo de enerxía e da especulación capitalista das grandes empresas. Non queremos aeroxeneradores tan preto das casas, queremos seguir vivindo tranquilos no rural."
Plataforma Veciñal "Non ao Parque Eólico do Castrove"