Tribuna Viva
Deterioro peonil do Centro Histórico
Dende ANOVA-Irmandade Nacionalista de Pontevedra, queremos denunciar o deterioro preocupante da peonalización do Centro Histórico da cidade, que non coincide coa propaganda do goberno municipal.
Cando o Goberno Municipal no seu día decidiu peonalizar o centro Histórico, foi moi criticado por certos sectores conservadores, pero apoiada tal decisión, por moitos e moitas cidadans, froito da mesma, non hai máis que ver a cantidade de persoas que cada día disfrutan désta peonalización.
Nos últimos tempos, dende ANOVA, observamos como o centro Historíco esta invadido de coches por todas partes e a calquera hora do día e da noite, pondo moitas veces en perigo a seguridade das persoas; e tamén notamos a falta de presencia da Policía Local para que poña orden e faga cumplir-las normas ó respecto. Este deterioro, desmonta a propaganda de andar vender cara a fora, unha peonalización que non se axusta a realidade, polo menos en canto ó trafico.
Así podemos observar como se utiliza a rúa Real para acceder a cidade e acortar caminño, ou como as prazas a veces estan invadidas de coches e camións fora do horario sinalado de carga e descarga. Tamén rúas e prazas do centro historico están invadidas por mozos con patíns ou bicicletas, saltando por riba dos bancos, molestando ao resto dos cidadans e deteroriando o mobiliario urbán,cando deberían ter un recinto para elo, que dende ANOVA propoñemos sexa no entorno da Ponte das Correntes. Convidamos ao goberno municipal que se de unha volta pola Praza de Curros Henriquez, ou outras prazas da cidade.
Pero chámanos poderosamente a atención, que dende o goberno municipal, non se faga respetar a normativa de acceso ao centro Histórico, publicada nun cartaz na entrada da rúa Sarmiento, esquina Cobian Roffignac, indicando que o horario de carga e descarga é pola mañán de 8 a 12 horas e pola tarde de 16 a 18 horas, cousa que calquera cidadán pode observar que non se cumple nin se fai cumprir, o que amosa a incoherencia do goberno municipal e que non concorda cunha venda da peonalización que non se axusta a realidade.
Dende ANOVA-IN, pedímoslle ó goberno municipal coherencia ao respecto e faga cumplir as súas propias normas e poña en valor a peonalizacion do centro Historico, decision que valoramos, pero que sexa de verdade e non quede nuha mera propaganda.
Para evitar o abuso de coches fora de horario sinalado, propoñemos instalar pivotes de acceso ao centro Historico, que fora do horario de carga e descarga, se levanten impedindo o paso ós coches, como fan noutros centros Historicos, sen ir máis lonxe, na cidade de Lugo, cunha tarxeta de acceso a residentes, bombeiros, policia, ambulancias ou taxis.
Asinado. David Carballal. Voceiro de ANOVA-Pontevedra
17.09.2013