Pedro De Lorenzo y Macías
Lembranzas dun pobo esquecido. Capítulo segundo
A noite estaba engalanada de estrelas, a lúa feiticeira, coquetéase da súa brancura; o aire é cálido, mesto, pegañento, cabreado con abril mentireiro. Os mouchos están alarmados, choran a morte. Os demais paxaros agáchanse. Xorde os oubeos do lobo, dos cans.
A xente espétase supersticiosa, cólganse escapularios, crucifixos; úntase con allos, acenden ás candeas, pechan fiestras. Din os seus rezos, para defenderse das iras satánicas, as iras da morte.
Amence cedo. O sol ergueuse enrabechado e escintilea apaixohadamente; non o deixaron durmir. Queima e afastou ás nubes por envexa.
No cruceiro dos catros camiños un fillo de Baco estaba agazapado; tiña os ollos fixos, sen luz, un sorriso apagado e un ricto de misterio.........
Estaba morto.
Alborotouse a aldea: berros, choros..., ¡morreu o Cabuxo! ¿De qué? ¿Cando? ¿Unde? As verbas chearon ó ceo.
O Cabuxo chámase Pepiño. Era moi devoto do deus Baco e tódalas noites lle rezaba: facía o vía cruces por tódalas tabernas. De volta á casa, ia votando serenatas por tódalas facendas. A veces tirábanlle zocos, o que atopaban a man. Soía facer un trio fachentoso, cos miaus dos gatos, os ladridos dos cans, e ós seus berridos a todo trapo.... Ia serenando os recovecos da aldea.
O tiñan deitado nunha habitación tenebrosa, escura; vestía de traxe e garavata. Estaba estauricado cos brazos cruzados, os ollos pechados, e unha face de paz rodeábao. Moitas mulleres de negro choraban, berraban, contaban a súa vida, contaban a grande pérdida para a súa muller, para os seus fillos...: choros, berros, loitos.
Na habitación contigua estaba a súa muller, serea, recibindo as homenaxes e carantoñas do vecindario: había moita comida e bebida, e a xente despachábaa ben.
Pronto se inicía o cortexo fúnebre: os homes, serios, comentan as proezas do Pepiño, sobre todo nas apostas co viño; as mulleres, chorando unhas, outras criticando, as moi poucas rezando por se existe un máis alá.
Chega a noite cos seus segredos; a lúa, traidora e de moitas faces, rise de nós, e entre mofa e mofa, acompáñanos coa súa luz de gasa e feiticeira.
A xente está alegre, alá na ADEGA; xorde a gaita, xorden cánticos: chegou o bautizo do viño. Todos séntanse en corro. Mentres van trasegándoo, eles van engulindo viandas, ben regadas polo viño; comenzan os contos, as lendas. Entra O Pelanas, branco de defunto, tremendo, nervoso, excitado.....
- ¡¡ Acabo de ver a Santa Compaña!! E con ela ía O Cabuxo, trolando e feiticeiro.
Manolón, o matarife, cun sorriso malicioso e burlón, métese co Pelanas.
- E quen ía nesa Compaña?
- ¡¡Saiú do cemiterio!!! Diante ía unha bruxa de roupón negro, portando unha gadaña. Séguenlle un cadaleito con cornos de carneiro; o cortexo eran mortos viventes, cunha túnica transparente, pero sen alma. Detrás ía O Cabuxo, que xa perdera un zapato, media chaqueta e a garavata convertérase nun lazo. O seu carón ía un macho cabrío, que bufaba aromas en honor a Baco.
A xente púsoxe moi nervosa, inqueda; comenzaron os rezos, Xesús e a santiguarse.
- ¡Pelanas, Pelanas! ¿Estás bébedo?
- Se non me credes, ide a fora... Aí a fora. Se sodes valentes, subide ó outeiro.
Quedáron sen fala, seguiron os chismes, pero ninguén abandonou o sitio ata o mencer..... ¡ por se acaso!
Pedro de Lorenzo y Macías
Ensayo registrado con todas las imágenes.