Tribuna Viva
Fronte ao covid: traballo, formación e alegría
A asociación Boa Vida celebra este Nadal abrindo novo centro de traballo dando formación e convidando a escoitar música con valores.
A asociación pontevedresa, convida a cidadanía a achegarse á nova tenda na Rúa Seca 3, onde se poden atopar centos de prendas a o custo de 4 pezas por 1 euro e tamén na tarde de mañá 18 de recibiran os voluntarios e participantes do 2020 para felicitarlles as festas e regalarlles o texto dun tema musical con valores.
A asociación fai deste xeito gala ao seu nome, recollendo que sen alegría non pode haber Boa Vida, o covid ven a quitarnos unha parte dos afectos non podendo abrazarnos ou compartir comida como se faría nun pincho de nadal clásico, pero a música está libre do covid, polo tanto escoitala e levarse un paquete de Galletas Mariñeira que a empresa donou a a entidade será a forma de desexar unha festas cheas de amor saúde e música.
Seguir traballando abrindo este novo espazo no que tamén se fará acompañamento social, e ofertando formación en alimentación saúdable e cociña de aprobeitamento, que estes días se desenvolve no Mercado de Abastos, é o regalo que a asociación fai ás persoas en situación de pobreza e a cidadanía solidaria de Pontevedra e arredores que coas suas doazóns fan que podamos continuar loitando contra as causas que producen pobreza, solidariedade cos que sofren en Vivir do Traballo.
Os 5 temas elexidos son:
- El cielo siempre se abre. Gustavo Almeida, que irá a cantala en directo ao final da tarde.
- Vengo con los de abajo, de la Banda del Pepo.
- Remamos de Kany García
- A voz das amigas de Leilia
- Hai un lugar de Roi Casal
Para asistir a esta actividade hai que inscribirse previamente no telf 698124762 xa que o maximo numero de persoas que poden permanecer por aforo son 10 persoas a vez.
Dende hoxe xoves 17 e maña18 no Mercado de Abastos un obradoiro sobre "Cociña de aproveitamento e sobremesas saudables".
Este curso pretende achegar as persoas participantes coñecementos sobre a necesidade dunha alimentación san e equilibrada, dando a coñecer ingredientes e produtos saudables e nutritivos, e como aproveitalos ao máximo para elaborar varios pratos e non desperdiciar ningún recurso.
Aproveitando que estamos no Nadal ofreceranse elaboración de sobremesas elaboradas sen glute, sen azucre, veganas e libre de alérxenos.
- Data: Xoves 17 de decembro 2020 e venres 18 de decembro
- Lugar: Praza de Abastos de Pontevedra, segundo andar
- Horas: 9:30-13:30
- Docente: Ulyana Zhuko
PROGRAMA:
XOVES 17 -Introdución sobre o que é a cociña de aproveitamento e alimentación san e saudable, -Pan xudeu -Crackers -Empanadillas sen glute de mazá e chukrut - - Sopa miso
VENRES 18: Elaboración de doces Biscoito vegano con e sen froitas - Madalenas veganas Tortiñas de liño
Este obradoiro forma parte do proxecto "Coidados" que ten coma un dos seus obxectivos formar as persoas en risco de exclusión social en distintas materias que poidan facilitarlle o seu acceso ao mercado laboral, financiado pola Xunta de Galicia a través do Fondo Social Europeo.
Este obradoiro de alimentación conta coa colaboración do Concello de Pontevedra que cedeu o espazo e recursos do Mercado de Abastos para levar a cabo dita formación.
Todos os produtos son mercados no mercado local e nos postos do Praza seguindo os criterios de apoio, solidariedade e compromiso co noso tecido económico local.
O de alimentación saudable sería o segundo de catro que están previstos, o primeiro realizado con éxito en novembro sobre, "Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais", abriu o paso a este de alimentación e os próximos que serán sobre atención as persoas nos domicilios.