Tribuna Viva
Protesta dos comercios, peluquerías, empresas e hostelería de Barro
Os comercios, peluquerías, empresas e hostelería de Barro queremos poñer de manifesto a nosa repulsa polo peche perimetral que temos na actualidade.
Despois dunha semana de peche perimetral e un mes de peche obligado para moitos negocios, vémonos na obriga de manifestarnos con esta concentración para poñer a nosa mais enérxica repulsa ao peche perimetral e tamén as restriccións de toque de queda especialmente no fin de semana.
Para hostelería os fins de semana con toque de queda as 23 horas é totalmente perxudicial e unha ruina.
Os comerciantes e hosteleiros en xeral cumplimos a normas estrictamente e tamén velamos porque nos nosos establecementos así suceda.
Somos os primeiros en querer que ésto remate e para éso queremos ser parte da solución e non o problema.
Apostemos por consumir no noso comercio e hostelería, pero en Barro ao ser un sitio de paso e situado estratéxicamente veñen moitas persoas de fora do concello a mercar e consumir aquí.
Por éso esiximos.
Barro Libre Xa
Barro Sen peche perimetral Xa
Peche perimetral NON
Apertura Xa.