Tribuna Viva
Atentado contra o Patrimonio da Capela de San Xusto, en Cerdedo-Cotobade
O caciquismo volve a Parroquia de San Xurxo de Sacos en Cerdedo-Cotobade a mans da Comunidade de Montes. A Parroquia de San Xurxo conta con un gran patrimonio cultural, e pódese dicir que o corazón da parroquia atópase na Carballeira de San Xusto, concretamente na Capela dos Nenos Mártires Xusto e Pastor.
A Capela conserva un presbiterio cuberto do século XV ou XVI con unha bóveda de nervaturas. A nave foi construida posteriormente no século XVIII.
Esta Capela foi gañada polo veciños da Parroquia cando un dos cregos que estivo a cargo da parroquia a intentou subscribir no rexistro como ben do Arcebispado de Compostela, os vencedores do conflito foron os veciños que loitaron durante moito tempo chegando a Audiencia Nacional para defender os bens que eran do lugar e que non querían que fosen entregados á propiedade da Igrexa.
Hai uns días un dos veciños que habitualmente pasea pola Carballeira atopou que a Capela contaba con un pechadura nova posta por decisión do Presidente da Comunidade de Montes e unha das vocais da comunidade, sen consentimento previo dos veciños, os cales se alarmaron coa publicación nas redes sociais que publicaron algúns dos veciños coñecedores da situación e a actual Comisión de Festas da Parroquia.
Dita pechadura apareceu introducida na porta a machada facendo un buraco despropocionado na porta e picando a pedra de arredor da porta para poder introducir a chave da nova pechadura posta dunha maneira inapropiada e sen sentido. Atentando contra o Patrimonio do lugar, picando unha pedra con máis de catro séculos de historia.
Por outra parte, algúns veciños afirman a desaparición de artículos relixiosos que estaban na Capela e que actualmente non se coñece o seu paradoiro (uns crucifixos, velas e a limosna que os devotos depositan para pedir a intercesión dos Santos).
Tamén expor a intervención dunha vocal da comunidade que ao final da Misa do domingo día 6 de decembro coa presencia do presidente e o secretario da comunidade, diculpaba todos os feitos que se publicaban nas redes sociais xustificando que o cambio de pechadura (sen consentimento dos veciños), era por causa de supostas falacias que dita persoa expuxo e que eran invención súa, xa que na Capela sólo se realizaron actos relixiosos, os últimos coincidindo coa Festa da Caballeira no mes de agosto e non as actividades que expuxo dita persoa.
Pola cal, co descontento dos veciños da parroquia, dos encargados da Capela, da Comisión de Festas, da Asociación de Veciños A Cividade e da Asociación Cultural da Carballeira de San Xusto e Pastor denuncian a actuación do Presidente da Comunidade de Montes e a vocal os cales actuaron de maneira caciquil e sen consentimento dos veciños e piden a mobilidade da parroquia e da autoridade competente para remediar os feitos acaecidos na Capela para que cesen coas actuacións que están levando a cabo, na Capela e na Carballeira de San Xusto.
"Carballeira do San Xusto,
Carballeira derramada,
Naquela portiña,
Apareceu a pedra picada".