Calros Solla
Os sucesos de Nueva Puebla: A matanza dos cinco Ventín (e IV)
Celebrado o xuízo-farsa, deuse a coñecer a sentenza:
"Resultando: Que en el sector de la provincia de Zamora, comprendido entre los pueblos de Requejo, Lubián, Aciveros, Padornelo, Hermisende y otros próximos a Puebla de Sanabria, desde el día diez y ocho de julio próximo pasado, los elementos extremistas del anarco-sindicalismo, socialistas y comunistas, se alzaron en armas para imponer el régimen rojo en contra del Movimiento Nacional iniciado por el Ejército, procediendo a requisar por la violencia las armas entre el vecindario de los pueblos de la comarca, apoderándose de éstas y de explosivos de los polvorines de trabajos de cantería en gran cantidad, así como de vehículos automóviles para transportarse por caminos y carreteras. El día veintiuno de julio último, un grupo armado muy cercano a los quinientos hombres atacaron, con fuego de armas cortas y largas y bombardeo con dinamita, el cuartel de la Guardia Civil del Campamento de Nueva Puebla, cuyas fuerzas se resistieron heroicamente, no obstante tener dos guardias heridos gravemente, consiguiendo salir del cuartel y replegarse al monte, donde se vieron libres de los rebeldes, a quienes ocasionaron por su parte varios muertos y heridos. Continuaron desde ese día los extremistas, dueños de la situación en la comarca, montando guardias armadas para impedir el paso de las fuerzas del Ejército Nacional, volando algunos puentes para interceptar las carreteras, hasta que el día treinta y uno de julio, después de algunos bombardeos de la aviación nacional, las fuerzas de la Guardia Civil, consiguieron reducir el núcleo revolucionario, restableciendo el orden y procediendo a la escalonada detención de muchos de los participantes en estos sucesos.
Resultando: Que como dirigentes y excitadores de los extremistas, antes de los sucesos, y dirigentes efectivos en todos y cada uno de los mismos, aparecen los procesados [...] Manuel Ventín Rivas, Olegario Ventín Rivas [...] Perfecto Erundino Ventín Rivas y Perfecto Ventín Barreiro, todos ellos con armas y destacados especialmente en el ataque despiadado al cuartel de la Guardia Civil de Nueva Puebla, lo mismo que lo fueron en el resto de los acontecimientos, hasta que fueron detenidos y distinguidos en excitar y llevar a sus huestes, hasta con amenazas y violencias, a la comisión de los hechos".
A sentenza atribúelle ao veciño de Xirarga (Beariz) Manuel Lorenzo Campos formar parte dos grupos armados atacantes do cuartel de Nueva Puebla e executores dos servizos de garda montados para oporse ás forzas do exército. Segundo o texto da sentenza, Xosé Porto Picáns "no aparece que tuviese participación definida en los hechos de autos, llegando tan solo a una actuación pasiva...". A seguir, a sentenza recolle o falecemento de "Ramiro Eloys Ventín", e segue:
"[...] Considerando: Que del primero de los delitos calificados, o sea del de rebelión militar consumada, aparecen como responsables en el concepto de autores por participación directa y voluntaria los procesados [...] Manuel Ventín Rivas, Olegario Ventín Rivas [...] Perfecto Erundino Ventín Rivas y Perfecto Ventín Barreiro, siendo de destacar con relación a ellos, como circunstancia agravante muy calificada, [...] la mayor transcendencia de sus hechos y acreditada peligrosidad resultante de sus antecedentes y actuación, dirigiendo y aún obligando a muchos a intervenir en los hechos...
[...] Fallamos: 1º Que debemos condenar y condenamos a la pena de muerte a los procesados [...] Manuel Ventín Rivas, Olegario Ventín Rivas [...] Perfecto Erundino Ventín Rivas y Perfecto Ventín Barreiro, como autores de un delito de rebelión militar con la calidad de dirigentes en el mismo y con la concurrencia de una circunstancia agravante muy calificada".
O bearicés Manuel Lorenzo Campos é condenado á pena de trinta anos de reclusión maior (de cumprila íntegra, a pena extinguiríase en agosto de 1966). O estradés Xosé Porto Picáns é absolto. O 16 de outubro, a xefatura de Falange da Estrada remitíralle ao xuíz instrutor un certificado de boa conduta de Xosé Porto Picáns. O 19 de outubro, a xefatura de Falange de Beariz remitíralle ao xuíz instrutor un certificado de boa conduta de Manuel Lorenzo Campos.
En Valladolid, o 29 de decembro de 1936, o auditor ratifica a sentenza a morte dos Ventín. En Zamora, o 30 de decembro, o xuíz instrutor solicítalle permiso ao coronel-gobernador militar para cumprir a sentenza. O mesmo día, o xuíz instrutor recibe un oficio do coronel-gobernador militar sinalando a data, lugar e hora da execución da sentenza: "ha sido designado las proximidades del cementerio (de Zamora) y hora de las siete del día de mañana (31 de diciembre)". O 30 de decembro, o defensor trasladouse á prisión provincial de Zamora e, en presenza dos condenados, leulles a sentenza.
Manuel Ventín Rivas, Olegario Ventín Rivas, Perfecto Erundino Ventín Rivas e Perfecto Ventín Barreiro, canda outros catorce compañeiros, son fusilados (vilmente asasinados) ás 7 da mañá do día 31 de decembro de 1936 por un piquete formado por 175 falanxistas, 70 requetés e 175 soldados do Rexemento de Infantaría de Toledo nº 26: "Dichos reos han sido pasados por las armas y, hecha la descarga por el piquete, el oficial médico don Dídimo Temprano Martínez, certificó la defunción de todos los condenados". O oficial médico anotou como causa da morte: "shock traumático". Na mesma explanada do cemiterio, o 16 de agosto un piquete de carabineiros executara o alférez de Carabineiros Ricardo López Fabián (deitado nunha padiola, pois estaba ferido) e o sarxento de Carabineiros Andrés López Pichel.
O cadáver de Perfecto Ventín Barreiro (53 anos) foi inhumado na parcela de La Horta 6ª, fila 1ª, número 7 do cemiterio de Zamora (San Atilano); o cadáver de Manuel Ventín Rivas (30 anos), na parcela de La Horta 6ª, fila 1ª, número 5; o cadáver de Perfecto Erundino Ventín Rivas (29 anos), na parcela de San Roque 6ª, fila 5ª, número 108; e o cadáver de Olegario Ventín Rivas (24 anos), na parcela de La Horta 6ª, fila 1ª, número 3. Descoñecemos o lugar exacto do cemiterio de San Atilano no que fora sepultado, a comezos de novembro, Ramiro Lois Ventín (21 anos).
En 2006, o historiador Xoan Carlos Garrido publicou na web Tabeirós-Montes o artigo "Os cinco Ventín: Masacre dunha familia". Baixo o epígrafe "A decisión de Josefa", Garrido plasmou un estarrecedor testemuño recollido de fontes orais: "Entre o 3 e o 31 de decembro, tivo tempo a súa nai Josefa de achegarse a Zamora a pedir clemencia. Alí, vendo que era viúva e que precisaba dun home na casa para soster a familia, o tribunal mostrouse ‘magnánimo’ e concedeulle unha graza: ‘Elija usted al hijo que quiere que se salve’. Evidentemente, iso sería tanto como deixala a ela elixir quen quería que morrese; cousa que non puido facer". (Léase ademais: David Otero: Nun bambán de non virar baldo, 2009).
Concluímos. O colectivo Capitán Gosende, que dende hai anos vén traballando en prol da recuperación da Memoria Histórica en Cerdedo, fincará en datas próximas a sétima lauda no seu Campo das Laudas (As Raposeiras-Meilide-Cerdedo). A sétima estela (coma sempre, obra do escultor Marcos Escudero), honrará coa lembranza o sacrificio dos cinco Ventín e, asemade, a afouta dignidade da matriarca Xosefa Rivas Touriño. A sétima lauda destilará da oseira de San Atilano (Zamora) o recordo emocionado destes nosos paisanos, e canda aos monolitos de Xosé Otero Espasandín, Antonio Sueiro Cadavide, Francisco Varela Garrido, Xosé Torres Paz, Martiño Ferreiro Álvarez, Manuel Garrido o Resucitado e a súa dona Esperanza Barros García, consolidará e daralle continuidade ao proxecto de reivindicación das vítimas do franquismo: permanencia dos seus nomes, gabanza do seu compromiso e transmisión do seu legado ideolóxico.
Lauda a lauda, o colectivo Capitán Gosende teima na rehabilitación de todos e cada un dos cerdedeses que, valedores da democracia e da liberdade, se arrepuxeron con heroísmo á barbarie fascista desatada no verán de 1936. Nada esperamos das autoridades locais da comarca de Montes, pois, tamén lauda a lauda, veñen demostrando, fronte ao xenocidio e a mentira oficial imposta pola ditadura, a súa tendenciosa, ignorante ou covarde insensibilidade. Nestes tempos convulsos de reafirmación fascista, tan perigoso para a convivencia é facer alarde da simboloxía franquista coma permanecer, babeco, ao pairo dos acontecementos.
- Manuel Ventín Rivas
- Olegario Ventín Rivas
- Xosefa Rivas Touriño
- Cemiterio de San Atilano (Zamora) en 1956-7. Fotografía do Voo Americano
- Cemiterio de San Atilano (Zamora), na actualidade.