Tribuna Viva
Grupo Mulleres Diversas da Asociación Amizade: A violencia da que non se fala tamén é violencia
Co gallo do 25 de Novembro, día Internacional da Violencia contra a muller, dende o grupo de Mulleres Diversas elaboraron unha pequena enquisa para coñecer a atención das mulleres no ámbito sanitario.
Como ben é coñecido por tod@s, a violencia obstétrica é entendida como calquera conducta, por acción ou omisión, por parte do persoal sanitario que afecte ao corpo ou saude reproductiva das mulleres.
Da enquisa levada a cabo, resaltan positivamente o trato do persoal sanitario así como a prestación da axuda precisa para realizar as probas ou consultas pertinentes respectando a autonomía da persoa.
Non obstante, é importante destacar as demandas existentes como podería ser o descoñecemento fronte a temas de maternidade e sexualidade en mulleres con discapacidade e insuficiencia de espazos e mobiliario adaptados tanto nos centros públicos como privados.
As mulleres con discapacidade piden que se lles escoite para mellorar as demandas plantexadas así como máis implicación aos poderes públicos para velar que a inclusión se faga efectiva en todas as áreas.
Grupo MULLERES DIVERSAS da ASOCIACIÓN AMIZADE