Tribuna Viva
Sobre a limpeza urbana en Marín
Podemos Marín considera imprescindible a posta en marcha de medidas urxentes para a correcta limpeza urbana no noso municipio.
En primeiro lugar, queremos deixar constancia do noso agradecemento aos traballadores dos servizos de limpeza de rúas, prazas, parques e xardíns, así como de contenedores de lixo. Non os consideramos, en absoluto, responsables da falta de limpeza do noso Concello, xa que a situación actual é froito do fracaso do goberno municipal na xestión das súas competencias en residuos e limpeza urbana.
Son múltiples as queixas cidadás e os comentarios de visitantes relativos á falta de limpeza no noso Concello. O goberno municipal, sin embargo, non está a facer caso a estas demandas. Parecería que o PP quixera negar o evidente mirando cara a outro lado. Marín é un municipio que non está limpo.
Quizais as medidas de austeridade impostas polo Partido Popular durante anos, a xestión incorrecta do servizo por parte da empresa concesionaria ou a falta de seguimento por parte do Concello están a provocar esta situación, pero o que resulta evidente é que temos un problema dende hai décadas ao que urxe dar resposta.
Debemos ter en conta tamén que a volta á normalidade trae de novo a debate este asunto, un problema que leva anos sen resposta dende o Concello, que afecta á convivencia cidadá, que minusvalora o noso municipio e que vese agravado pola pandemia que estamos a sufrir e que precisa, como todos e todas sabemos, dun maior celo no referente a medidas sanitarias.
Resulta evidente para todos e todas as marinenses, excepto para os membros do grupo municipal Popular, que as frecuencias na limpeza das rúas, prazas, parques e xardíns, así como de contedores, é del todo insuficiente. É tamén de sobras coñecido que os espazos periféricos teñen unha frecuencia de limpeza ainda menor que os lugares máis céntricos, agravándose así o problema de suciedade que afecta a todo o municipio. Ademáis, a falta de limpeza nos contedores é especialmente preocupante na tempada estival debido aos desagradables cheiros que provocan as temperaturas elevadas do verán.
En consecuencia, Podemos Marín considera imprescindible tomar unha serie de medidas, a primeira e máis importante sería a remunicipalización dos servizos de limpeza do Concello conservando todos os postos de traballo actuais.
Tamén cremos imprescindible a elaboración, con carácter urxente, dun Plan Integral de Limpeza Municipal, con dotación económica suficiente, un prazo de execución non superior a seis meses e no que se incremente considerablemente a frecuencia dos labores de limpeza, sen discriminar ás zonas periféricas en favor dos espazos máis céntricos.
A posta en marcha o antes posible dunha campaña de concienciación cidadá sobre limpeza urbana, sobre todo no referido a mascotas, luvas e máscaras así como a creación dunha comisión multidisciplinar de seguimento, son outras das medidas que propoñemos dende Podemos Marín.
Podemos Marín