Tribuna Viva
Sobre a non substitucion do persoal do servizo de farmacia no Hospital do Salnés
A Xunta de Persoal do Distrito do Salnés manifesta o seu total desacordo coa política de non substitución das vacacións das facultativos do Servizo de Farmacia do Hospital do Salnés onde exercen a sua actividade profesional dúas farmacéuticas.
Existía desde fai anos un compromiso por parte de la Xerencia da Area Sanitaria de substituír as ausencias das facultativos deste servizo no Hospital do Salnés, posto que a ausencia dunha delas supón o 50% do servizo.
Compromiso que a Xerencia rompeu este ano sin ter en conta que incumpren o súa propia norma pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións e permisos para 2020 que di que so poden ausentarse do servizo o 33% do persoal de cadro.
Nestes momentos o Servizo de farmacia do Complexo Hospitalario de Pontevedra ten baixas sen cubrir, unha farmacéutica contratada so a media xornada para atender o aumento de actividade do Hospital de día do Salnés pero que fisicamente traballa desde Pontevedra e bolseiros realizando tarefas asistenciais.
Non é comprensible que este ano con esa plantilla minguada en Pontevedra e bolseiros facendo un traballo asistencial que teñen prohibido por lei, a Dirección decida a non cobertura das vacacións das facultativos no servizo de farmacia do Hospital do Salnés cando ten unha sobrecarga de traballo en todo o servizo de farmacia na Area Sanitaria.
Esta decisión tomada pola Xerencia sen importarlles os pacientes, obriga a que a actividade desenvolvida todo o ano por dúas farmacéuticas se asuma durante dous meses por unha soa traballadora. Esto suporá, sen lugar a dubidas, unha perda na calidade da atención farmacéutica aos pacientes externos que citan na consulta, unha media de 30 diarios, aos pacientes hospitalizados, e tamén ao resto dos usuarios do servizo de farmacia.
Non se pode consentir que a Xerencia siga xogando coa saúde da poboación e coa saúde das traballadoras e traballadores con unha sobrecarga de traballo que está a repercutir nas nosas condicións laborais, gravemente,e na calidade da asistencia sanitaria que se presta.
Non queremos formar parte das súas campañas electorais, das súas mensaxes de recoñecemento valeiras de contido e de sinceridade, palabras tan deshumanizadas como as súas políticas en materia de persoal.
Por todo isto, solicitamos a Xerencia da Area Sanitaria que respecten os acordos coas traballadoras e traballadores dun dos sectores máis esenciais na vida das persoas e que cumpran as súas obrigas en materia de persoal substituíndo as vacacións e non poñendo en risco a pacientes por unha sobrecarga de traballo que conlevará unha perda na calidade do servizo.
Vilagarcía de Arousa, 8 de xullo de 2020
Xunta de Persoal do Distrito do Salnés