Gonzalo Sancho
Evitar o contaxio
Eu teño finca rústica a 3.500 metros escasos da Peregrina. Non podo ir a coidala. A finca está no medio doutras leiras familiares, illada por todo o perímetro, sobradamente illada; facendo imposible o contacto con veciños e outros viandantes. Os familiares lindantes teñen as súas a "natureza", bucólicas, Locus Amoenus. Nunca veñen por alí. Viven lonxe. De tal xeito que tampouco habería contacto.
Hai 20 anos que teño plantación de autoconsumo. Pago o I.V.E. das plántulas que boto. Os froitos que deben darse estos días foron plantados no inverno. Agora tocaba a colleita. Perderase, por precepto de lei. En 15 días deberíase dar a primeira man a viña..
Eu non preciso matar o tempo. “Tempus fugit” e non volve. Eu quero aproveitalo.
O Real Decreto 463/2020 prohíbeme o desplazamento a finca por estar a máis de 500 mts da vivenda habitual. Endelí que impídeme estar illado de calquera contacto humano. Facendo algo de proveito, que ademáis gústame. O legón pode suplir perfectamente eses exercicios que con xusta sabedoría aconséllannos facer na vivenda, preto dos familiares directos.
O mencionado R.D. permítenos sair a rúa e cruzarnos con outras persoas para:
Poño a man no lume de que hai outras posibilidades que utilizando a picaresca permiten sair a rua e cruzarnos con outros viandantes. Non vou dar ideas. Posiblemente incorrería en ilegalidade. Non sería solidario.
O traballo do campo é san. Si o fas totalmente illado, mel con filloas. Si estás no piso teimado como sair a rúa legalmente, vas a ter ideas de abondo. Vas a incrementar as posibilidades de risco de contaxio. Evidentemente dentro da lei.
Eu non quero trato de favor para min. Non pido excepcións. Non quero tirar todo o traballo do outono e o inverno. O que pido non é insolidario. Inclúome nun grupo numeroso de cidadáns que están no mesmo caso. O que quero e indicar que o Real Decreto pode millorar circunstancias que están excesivamente limitadas a 500 mts. da vivienda habitual e que baixen o risco de contaxio