Antón Roel Villanueva
A pomba da fiestra
De súpeto unha pomba posouse na miña fiestra despois de moitos dias de encerro no piso que xa recorríin mil veces e descubrin centos de recunchos que iñoraba que existiran, xa con claros síntomas de claustrofobia, alucinei ca visita solidaria da pombiña que se apiadou de min e beu salvarme da depresión. Estivemos moito tempo ollándonos eu queria saber como ía o noso río o Gafos si xa reberdeceran as árbores de folla caduca das beiras e agromaran as prantas ventureiras enchendo o paseo de flores, si xa chegara o Cuco ca primavera. Dende a miña fiestra todos os dias do encerro vexo como paseniño reverdecen os freixos e os paxariños revolotean ao seu carón buscando o árbore mais axeitado para facer o niño.
Alguén puxo no portal do edificio unha bolsa chea de libros para que os veciños lean outros veciños ofrecense a ir a farmacia ou a compra da xente maior ,nós tempos dificiles todos sacamos o lado bo e solidario, a lectura a radio ea musica son a nosa millor compaña o mais duro e nón estar cos fillos e non poder visitalos. Como todos os dias as oito saimos ao balcon a aplaudir as xentes que estan a traballar arreo para que todo sexa mais levadeiro e sobor de todo arrisca a sua vida por todos nos. Escoitamos as noticias que son imprescindibles en momentos duros para ternos informados ainda cas veces fannos daño involuntariamente cando nos informan que esta a morrer xente maior nas residencias sin poder despedirse dos seus seres queridos.
Algún veciño toca dende o balcon algun intrumento musical e de agradecer que nistes tempos dificiles poñan seu talento e imaxinacion para tratar de facer mais levadeiro o encerro miro pola venta e teño certa embexa ao ver xente a pasear co seu can nunha rúa baleira síntoma que aínda hai vida aí fóra, a os que nos gusta andar moito en espazos ceibes estos dias de sol ideais para pasear ainda nos amolan mais.
Sinto non poder escreber algo mais alegre pero non me sai, lémbrome da nosa Rosalía de Castro no seu poema que decía: Triste é o cantar que cantamos pero que imos facer se outro millor non ai.
Tamén nos podemos nunca esquecernos que ainda ai moita xente que o esta a pasar moito peor, xentes sen fogar indixentes e refuxiados que agora con esto nadie se lembra deles sobor de de todo xente iñocente como a rapaziña que morreu nun campo de refuxiados e por desgraza non vais ser a unica. Nistes tempos nos que todos somos refuxiados conmoveume unha menxase de ánimo escrito nun carton de animo paras todos nos dende un asentamento de refuxiados. Aínda que nos separan as fronteiras todos compartimos a mesma lúa. Moita forza e ánimo. Desta sairemos.