Tribuna Viva
Co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente
Co gallo da celebración do dia 5 de Xuño como Día Mundial do Medio Ambiente, aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 15 de Decembro de 1972 en Estocolmo, co obxecto de lembrar e incrementar a necesidade de que as poboacións e gobernos se sensibilicen sobre a situación do planeta, do trocos de hábitos no respecto ao medio ambiente, da eliminación da contaminación, da non agresión ao entorno, de contar coas poboacións nas tomas de decisións políticas que poidan afectar ao territorio, diante de todas esas declaracións non podemos por menos que manifestar a nosa preocupación pola deriva que están a tomar as medidas lexislativas últimamente aprobadas polos gobernos do estado e da Xunta de Galiza, como son a Lei de Minería, a Lei de Costas, a Lei de Montes, Cultivos Enerxéticos, que pretenden avaliar a especulación e a destrucción do territorio galego en aras dún suposto desenvolvemento económico, que en realidade conleva a expoliación dos recursos naturáis, a desnaturalización da xeografía galega, a destrucción do entorno social e o deterioro da calidade de vida dos habitantes.
Cando se fala de xestión sostible, de sostenibilidade, os gobernos de Madríd e da Xunta de Galiza, deben de estar pensando na sostenibilidade da economía dos grupos dominantes a conta dos povos dominados, caseque como o que acontece coas poboacións indíxenas doutras latitudes, que son desposuidas das riquezas naturáis, do ouro, diamantes, madeiras tropicáis, etc.
O goberno galego incapaz de deseñar un plano de desenvolvemento dos recursos naturáis cos que contamos, coas enormes posibilidades de xeneración de emprego e de riqueza socializada, solo serve como axencia de intermediarios diante dos intereses capitalistas, no que xa chamamos un novo proceso de desamortización, poñendo en venda o País.
Por elo, lembrar o 5 de Xuño, debería de servir para incrementar a masa crítica sobre esa oleada de despropósitos, que se non se paralizan, levarán a Galiza a súa destrucción.
4.06.2013
Claudio Quintillán Vallejo