Tribuna Viva
Comunicado dos traballadores de Cinebox Vialia: "Grazas Pontevedra e que viva o cine"
Non sabemos moi ben que dicirvos neste día tan triste para nós, pero non queremos deixar pasar a ocasión de despedirnos e, sobre todo, de agradecervos o enorme apoio mostrado durante estes dous longos meses. Nunca pensamos que a nosa situación tería tanta repercusión, nin que recibiriamos tantas mostras de cariño e solidariedade.
Para todos os que amamos o cine, é unha situación desesperante ver como cada día se pechan máis e máis salas. Esperamos con todo o noso corazón, que as autoridades deste maltratado e derrotado país, poñan cartas no asunto antes de que sexa demasiado tarde. por desgracia, para nós xa o é... pero como di a canción: "SHOW MUST GO ON", así que, imos poñer boa cara e a facer deste, o noso último día, un día normal.
GRAZAS PONTEVEDRA E QUE VIVA O CINE.
Todos os traballadores de Cinebox Vialia Pontevedra
2.06.2013