Tribuna Viva
Comunicado do Sindicato Profesional de Policías Municipais no Concello de Pontevedra
Dende a Sección sindical do Sindicato Profesional de Policías Municipais de España (SPPME) emitimos este comunicado dirixido aos medios de comunicación para a súa difusión pública ao obxecto de expoñer cales son as motivacións que nos levaron a presentar a nosa candidatura ás pasadas eleccións para os órganos de representación dos traballadores no Concello de Pontevedra celebradas no mes de xuño e, así mesmo, dar conta das nosas pretensións cara os vindeiros catro anos.
A motivación fundamental que nos empuxou a presentar esta candidatura en representación profesional dos policías locais non é outra que o enquistamento sufrido nas negociacións mantidas ao longo dos case tres anos anteriores que neste momento carecen de continuidade e como resultado desa situación estase a producir un deterioro lamentable das condicións laborais dos funcionarios que formamos parte da plantilla da Policía Local de Pontevedra.
Dende esta Sección sindical non consideramos que sexamos mellores que os representantes que nos precederon e aos que queremos mostrar a nosa maior gratitude polos esforzos realizados pero sí cremos firmemente que unha renovación dos interlocutores no proceso negociador pode poñer fin a esta situación de "impasse".
De tódolos xeitos para que esta pretensión logre o fin desexado é preciso que ámbalas dúas partes (traballadores e administración) sexan capaces de establecer unha negociación efectiva con ánimo de encontrar puntos de encontro que culminen coa adopción de acordos favorables para unha axeitada prestación do servizo público ao que nos debemos compatible cunhas condicións laborais que respecten os dereitos dos traballadores e recoñezan as especiais circunstancias que rodean a labor policial.
O apoio manifestado nas eleccións ao noso sindicato por parte dos funcionarios da Policía Local ven a resaltar a existencia dunha situación anómala que está afectando seriamente aos membros do plantel e que podemos concretar en feitos que ninguén poderá desmentir:
- As xornadas de traballo xa non se axustan aos cadrantes de servizo dado que se estableceu como normal a retirada de descansos e a imposición de xornadas extraordinarias (sí, imposición) que, curiosamente, son abonadas cando cadra e a razón dun importe que é inferior ao importe da hora ordinaria, esto ven a supoñer para o funcionario que descoñece si os días que por cadrante debería estar franco de servizo realmente o poderá disfrutar, véndose deste xeito alterada a súa vida privada e a conciliación familiar.
- O recoñecemento efectivo das condicións de traballo, das peculiaridades que conleva o servizo policial, non se ven reflectidas en ningún documento e por elo seguimos a insistir que a especial responsabilidade de privar de dereitos fundamentais recollidos na Constitución como á liberdade persoal cando temos que levar a cabo unha detención deberia ser tida en conta, a obrigatoriedade de portar armas e ser responsables da súa custodia e utilización de acordo coa lexislación, o traballo realizado por quendas, o traballo nocturno, o traballo en días festivos, en fins de semana, etc.
- Moitas outras circunstancias seguen a non terse en conta como a atención directa ao cidadán. a perigosidade engadida da utilización de vehículos (coches e motocícletas), o traballo á intemperie, a exposición a enfermidades infecto contaxiosas nas intervencións. a agresións, a accidentes de circulación, etc. non se atopan recollidas en ningún tipo de documento de recoñecemento de condicións e dereitos laborais, pola contra si están recollidos na normativa que nos obriga a esas actuacións.
- A implementación de maior número de competencias e funcións para salvar a deficient xestión municipal en temas como o control de cans e outras moitas.
A realidade que tratamos de poñer de manifesto é que neste intre a Policía Local de Pontevedra é un servizo en precario dentro da administración municipal, no que non respectan os dereitos laborais dos traballadores, no que existe un déficit importante persoal, de recursos materiais, e no que os riscos laborais tanto no aspecto físico no psicosocial están a facer mella no seus funcionarios.
Esta situación cremos que é abordable e reversible, pero é necesario que ámbalas dúas partes se impliquen na adopción de solucións, que fixen un calendario de negociacións, que establezan unha data límite para a súa conclusión e se senten con ánimo de ceder para chegar a acordos.
Dende esta Sección sindical solicitamos entrevistas dos nosos representantes electos co Alcalde, coa concelleira delegada da área de seguridade, coa concelleira delegada de persoal e o Intendente Principal xefe da Policía Local a mediados do mes de xullo cunha invitación expresa a coñecernos e a establecer pontes de diálogo para a solución do conflito, destas solicitudes non tivemos resposta ata o momento pero agardamos que agora, unha vez rematado o periodo estival, as vacacións, as festas de verán, etc. sexamos convocados en breve para unha primeira toma de contato para comenzar a construír entre todos unha negociación efectiva que mellore as condicións e respete os dereitos laborais da totalidade dos traballadores da administración municipal e, moi particularmente, ao servizo da Policía Local que é o gran esquecido por parte dos últimos gobemos municipais.
O Presidente da Sección Sindical de SPPME-Galicia no Concello de Pontevedra, Manuel Angel Sánchez Pallarés.