Marta Rodríguez Engroba
Amar ben e ser ben amado, o único que importa
O tema da diversidade sexual cobra estes días unha maior relevancia por razón obvias.
As celebracións e os actos por mor do Orgullo LGTB proliferan en case todas as cidades, co que é prácticamente imposible substraerse a isto, e, como en todas as causas que teñen sona, de súpeto as conciencias tamén celebran unhas "xornadas de portas abertas", mesmo aquelas que o resto do ano fican xa non pechadas, se non blindadas, pero nestes días "soltan a melena" e fora prexuizos… Era boa!.
Se por algo digo que eu non son moi amiga deste tipo de celebracións, algo que moitos interpretan mal, é precisamente por eso, porque non podo con esas implicacións de quita e pon, , moito mais numerosas do que se pode chegar a pensar, que van e veñen básicamente en función da proxección mediática que teña a causa que supostamente apoian, a tempo parcial, claro está, e mais que a causa, que en non poucos casos non soamente lle la trae ao fresco, se non que no seu fuero interno os pensamentos son ben diferentes do que tentan visibilizar, o que lles preocupa e no que centran os seus esforzos e en ser vistos no acto de turno, e adiós moi boas, ata o ano que ven!.
Eu, ano tras ano, non podo deixar de plantexarme o seguinte:
Por unha banda, paréceme unha auténtica mágoa que, a estas alturas, en pleno século XXI, ainda sexa preciso reivindicar algo totalmente natural.
Ben sei que son algo teimuda, pero é que non son quen de que me entre na cabeza. Non comprendo, nin son quen de asimilar qué delito hai en amar, nin en amar según a quen.
Tampouco nos meus esquemas mentais cabe que ninguén sexa tan cenutrio, e perdoádeme a expresión, como para non comprender que estamos a falar de sentementos, e dicir, de corazón, algo que, obviamente, non se programa.
Se quere ou non. Alguén te atrae ou non. Alguén te fai sentir querido ou non…..Así de sinxelo, e os sentementos, o amor, non entenden de convencionalismos, de dobre moral, de hipocresía social. Tan só entenden deso, de amor, como ten que ser.
Teño que confesar que desexaría de corazón comprobar como reaccionarían moitos e moitas dos que nestes días van facer acto de presencia nos diversos actos, e mesmo encabezarán manifestacións e enarbolarán bandeiras e pancartas, se algún dos seus fillos ou fillas lles comunicaran que están namorados ou teñen unha relación con alguén do seu mesmo sexo……Amigo, nese caso, a cousa cambia, e moito, ademais!.
Porque claro, unha cousa e ir de aperturista, de mente aberta, de "enrollado" de cara a galería, e outra moi diferente que o "papelón" che toque na casa.
Non é o mesmo dicir así, ben alto, en público, cando se sinten observados, tomando unhas cañas, eso que queda tan ben de "pois eu teño amigos gays/amigas lesbianas, e son moi boa xente", ou o de "pois os gays son moi detallistas e moi agarimosos coas suas nais!", por non mencionar os que presumen de ter amigos ou amigas de tal condición como quen fala dun obxecto exótico ou dun complemento de moda, que, un bó día o teu fillo ou a túa filla entre pola porta e che diga que ten unha parella do mesmo sexo. Eso xa é fariña doutro costal!.
Tanto é así que o lema que berraban días antes, pasa a ser denostado, polo menos en privado, e a situación da que acaban de enterarse, un segredo inconfesable e vergoñento, que soamente se tentará xustificar se, fortuitamente, trascende, con eso de "eu os quero igual!".
Mais dunha vez, cando se plantexan, nalgunha conversa, as cuestión que estou a compartir aquí, alguien me ten contestado, en non moi bo ton, "Claro, se fora o teu fillo o que che dixera que é gay"!.
Aí matáronme!.
A miña resposta sempre é a mesma, tentando non cabrearme, algo que non me resulta doado. Se meu fillo chegara un día e me dixera que ten unha relación con un home, a miña reacción sería exactamente a mesma que o día que me contou que a tiña con unha muller.
A miña prioridade é velo feliz, e, desde logo, non ía facer un problema onde non o hai.
E que non concibo outra resposta!.
Chegados a este punto, xa agardo a seguinte cuestión que me van plantexar, que é que pensaría se, ainda por riba de ser gay, me di que queren ter fillos.
Outra mais!.
Tan difícil é de entender que un neno, unha nena, o que precisan é sentirse queridos, coidados, protexidos, e que o último que lles preocupa é o sexo de quen o fai?.
Porque os nenos non nacen cos prexuizos de serie. Somos nós, os "adultos de ben" os que llos "inoculamos", por non mencionar o feito de que o modelo "familia correcta" integrada por parella heterosexual e os seus fillos é unha norma mais acuñada pola sociedade.
Por qué ese modelo e mais correcto que a familia que ten dous pais, ou duas nais?.
Qué razón existe para que non sexa así?.
Volvo a repetir o que xa dixen ao comezo, e que ninguén me interprete mal, non me gustan estas celebracións, ou, mellor dito, non me gusta que sexan precisas, e soamente estarei satisfeita o día que deixen de facerse, porque, sinxelamente, xa non teñen sentido.
Polo momento, porque creo que para iso ainda falta moito, por moito que se tente demostrar o contrario, eu seguirei rexíndome polo que sempre crin firmemente:
O mais importante na vida?, Amar ben e ser ben amado.
Algo moi sinxelo, e, sen embargo, nada doado de acadar.
Asociación Si, hai saída