José Freire
Seguridade, con garantías
Os que formamos parte das forzas e corpos de seguridade do Estado e singularmente do Corpo Nacional de Policía, témola misión de garantir os dereitos e liberdades e a seguridade dos cidadás.
Esta labor leva consigo a difícil tarefa de actuar contra aqueles que poñan en risco os dereitos e a seguridade doutros, máis sen que esa actuación poda supoñer, en ningún caso, vulneración dos dereitos e garantías constitucionais daqueles sobre os que actuamos.
Este difícil equilibrio, nunha Constitución das máis avanzadas e garantistas do mundo en materia de dereitos e liberdades dos cidadás, non está, ao meu criterio, resolto de xeito satisfactorio, deixando zoas escuras nas que a acción policial pode supor un recorte de liberdades e dereitos dos cidadás, e por ende incorrer en prácticas que non estando amparadas legalmente deixan aos funcionarios policiais actuantes sen protección xurídica.
Neste senso estamos a comprobar, por exemplo, como os membros do Corpo Nacional de Policía, e tamén doutros corpos de seguridade, reciben ordes de proceder a identificacións indiscriminadas sen ningunha razón de sospeita, especialmente de xoves e inmigrantes, cunha clara intencionalidade estatística.
E se algún funcionario non compre estas ordes da superioridade, inmediatamente é relevado do seu posto de traballo na rúa e trasladado a un servizo dentro do centro policial. Isto acaba de suceder recentemente nunha Comisaría galega.
Moitos dos que dirixen as policías, estatais, autonómicas ou locais, aceptaron o principio de autoridade como eixo central da súa concepción da seguridade, e ningún pon o acento no respecto aos dereitos civís, en garantila seguridade pero sen rozala liberdade e os dereitos dos cidadás como elemento fundamental da formación e actividade policial.
Nos tempos da transición e primeiros anos da democracia mantíñase o axioma de que a liberdade e a seguridade son dúas balanzas que deben estar equilibradas, dúas caras da mesma moeda. Hoxe ninguén pode mantelo.
Os cidadás dun país libre como España, non poden estar sometidos ao capricho dun responsable político ou policial. Un país que respecte aos seus cidadás non pode permitir que a súa policía actúe sen un razoamento xurídico ou unha xustificación operativa.
E que ademais, obrigar aos policías a realizar un número determinado de identificacións, nun tempo determinado, é xogar á "ruleta rusa". En varias ocasións e por distintos motivos, producíronse denuncias que acabaron en condenas, algunhas de expulsión para os actuantes. No se poden vulnerar sistematicamente os dereitos civís da cidadanía e con ilo poñer en risco a seguridade xurídica dos policías. O principio a aplicar, en vez da esixencia de identificacións, é o de mínima intervención, entendido como que un policía na rúa actúa cando observa algo sospeitoso e pola súa propia iniciativa, xa que el, e so el, será responsable perante o xuíz da súa actuación, e cando sexa requirido para ilo por calquera cidadá. Esta forma de actuar non debe supor un castigo para o funcionario.
Isto ven o saben estes mandos, pero para eles prima máis a estatística, que lle serve para a súa promoción persoal.
Están prostituíndo a Constitución e atentan contra os dereitos dos cidadás e iso non é bo para ninguén e moito menos para o policía, cuxa seguridade xurídica vese en perigo ou resulta represaliado.
Por iso, para garantila liberdade e os dereitos cívicos dos cidadás e a axeitada protección xurídica da actuación policial, que impida levar a cabo prácticas cumprindo ordes que podan rematar en condenas, as organizacións sindicais policiais solicitamos reiteradamente se leven a cabo as accións precisas para establecelos supostos e as condicións en que se pode identificar ou rexistrar a un cidadá en locais de ocio ou na vía pública.
Non se mollan. Elles máis fácil así.
12.05.2013