Juan José Esperón
Historias dos nosos veciños emigrados
Os meus REIS MAGOS PROCEDÍAN DE FRANCIA.
LEMBRANDO ESTAS DATAS…..MARCELINO E VISITA , DOUS VECIÑOS EMIGRADOS A FRANCIA .
Europa entraba nunha era de abundancia e de prosperidade mentres que no noso pais vivíamos anos de escaseza e de pobreza.
Moitos dos nosos veciños decidiron emigrar , uns decidiron irse ao continente americano , outros tomaron a opción de quedar no noso continente , países como Francia , Alemaña , Suíza …foron os seus destinos .
O sector máis modesto da clase traballadora española foi empuxado por «as leis do mercado» para cruzar os Pireneos nunha incerta aventura que en moitos casos resultaría máis beneficiosa para a nación de destino e para a nación de orixe que para o propio emigrado.
O réxime franquista considerou a emigración como unha válvula de seguridade ante as tensións sociais provocadas polo paro, as folgas e os masivos desprazamentos das poboacións rurais empobrecidas cara ás grandes cidades.
Os meus recordos de nenez quedaron marcados por aqueles anos sesenta e setenta , cando acontecía o momento de que algún veciño emigraba , quedábame unha sensación de tristeza , por unha banda porque con moitos tiña afinidade e tíñalle aprecio e doutra banda cando se producía o regreso por uns días daqueles emigrados ás súas orixes, creaba unha sensación de satisfacción e alegría por volvelos a ver de novo connosco.
Que dúbida cabe que aqueles días todos achegábanse pola taberna e alí contaban todas as súas vivencias.
O feito é que, estimulados pola necesidade de fuxir do paro ou dun traballo precario e unhas condicións de vida moi deficientes, e fomentado desde as instancias oficiais, entre 1960 e 1973 emigraron a Europa uns dous millóns de españois, moitos deles desde galicia , atraídos polos mellores niveis salariais europeos.
Os nosos emigrantes a Europa apontoaron de maneira importante a economía española coas súas remesas de divisas, ata o punto de constituírse no segundo capítulo en canto a ingresos de divisas da balanza de pagos. O primeiro capítulo proporcionábao xa naqueles anos o turismo.
Entre o qué lein na biblioteca virtual Miguel Cervantes e dos recordos que teño do que me contaban os meus veciños , a chegada de emigrantes ás estacións centroeuropeas convertíase nun espectáculo ao que ninguén dos alí presentes quedaba indiferente. Sexa de modo individual ou en pequenos grupos, sexa en expedicións oficiais do Instituto Español de Emigración, a sensación que producían os homes de aspecto campesiño, con equipaxes voluminosas, moitas veces con pintorescas provisións alimenticias, era unha mestura de indefensión e fatalismo, de seguir o destino. A man de obra á procura do amo.
E alí estaban. Se non directamente os patróns, as organizacións estatais ou paraestatais, caritativas ou parabenéficas. Algunha vez as asistencias sociais esfórzanse en repartir un sorriso, unha somera información, unha cunca de café quente. Outras, as máis, o desconcerto máis total sumado ao descoñecemento do idioma, funcionarios que lles interrogan severamente, aduaneiros que lles confiscan embutidos e licores, revisións médicas, papeis que se lles piden e non teñen ou non saben se teñen e cales son.
Da estación adoitábase pasar ás empresas, se é que o centro de traballo comprometeuse a fornecer aloxamento. Se este era o caso, a impresión que recibía o recentemente chegado emigrante non era mellor que a da estación. O máis probable é que fóra a parar a unha residencia nunha vella casa, cuns barracóns de aire provisional, que foran construídos hai bastantes anos, ou, no mellor dos casos, a residencias de aire espartano.
A precariedade, o hacinamiento, a falta de confort e de calor human adoitaban ser características definitorias dos atributos de tales vivendas. Unha vez instalados alí -e tras as amargas reflexións que indefectiblemente debe provocar o verse embarcado nesa aventura-, estaban dispostos para como máximo vinte e catro horas máis tarde, poñerse a traballar. A producir.
Ademais destas deficiencias informativas ocorría entón que o réxime político español, a ditadura do xeneral Franco e a Administración española, eran mal vistas polas democracias europeas o que impedía a conclusión de acordos internacionais que garantisen un nivel razoable de protección aos emigrantes. O emigrante español sumaba á súa dura condición, a de ser membro dun país desprestixiado, o que lle supoñía unha maior desprotección, vades facendovos a idea do que pasaron os nosos emigrantes, vades pensando o que pasaron os nosos veciños ?
Para poder emigrar podíase realizar de dúas formas, unha a oficial ( con todos os inconvenientes que tiña) e outra a de ir de vacacións.
Moitos dos emigrantes fóronse como turistas, no canto de facelo a través do IEE (Instituto Español de Emigración), que era muito máis complicado.
Foron moitas as veces que na taberna falaban diso, uns veciños levaban a outros…
Pepe, cando queiras vir xa sabes, tes traballo seguro ….
Pola parte oficial tiñas que pasar unha visita médica, facer un contrato de traballo, facer un certificado a donde querías ir, levar un papel asinado de boa conduta polo cura da parroquia…
En cambio si ías de turista, permitíache preparar o pasaporte e dicir que ías a tal cidade ( onde estaban os teus irmáns, curmáns, veciños etc.) e chegabas alí xa coa seguridade que tiñas un posto de traballo que che habían buscado as túas amizades alí instaladas.
E daqueles anos quedoume un grato recordo nestas datas , un matrimonio que vivía en Tilve , exactamente na subida principal á igrexa, tiñan a súa casa enfrente a de Teresa, a carteira.
Eles eran Marcelino e a súa esposa Visita .
Marcelino e Visita estiveron moitos anos en Francia , lembro oírlles comentar que estaban os dous traballando en casa duns señores , estaban como criados , cando paraban na taberna comentaban que estaban moi contentos con ese tipo de traballo, ademais moi ben tratados polos seus amos.
E chegaban a CERPONZONS por estas datas , os recordo vir nun Peugeot 404 daquela época , aparcaban enfronte á taberna e sempre me traían os meus reis...
Un dos agasallos que máis ilusión me fixo foi a dun tanque a pilas, tiña unha palanca na parte inferior que ao desprazarse uns metros facía que envorcase e de novo se erguía e seguía movéndose facía outro lado.
Despois , outro ano regaláranme unha máquina de tren, que preciosidade, votaba fume e todo ! Aquilo non o vía en ningunha xogueteria de Pontevedra ! Marcelino e Visita sempre traían algo pa min ! Que boa xente !
Xa vos podedes imaxinar o agarimo que lles tiñamos a Marcelino e a Visita, inclusive un ano trouxéranlle un champú de Francia para a miña irmá, pois lle comentaba que se lle estaba caendo o pelo e eles acordáronse de traerllo, por certo, que lle foi moi ben devandito champú.
Pero non todo foron alegrías , un dos anos que chegaron á súa casa atopáronse con que lles roubaban todo, non quedou nada, algúns veciños axudáronlles para saír da situación e leváronlles os aveños de máis necesidade para pasar do apuro.
María Visitacion Blanco Fernández, así era o nome completo de Visita, hai uns días que foi o aniversario do seu falecemento, fixo exactamente 20 anos, mentres que o nome completo do seu esposo era Marcelino Gregorio Casas, faleceu ao ano seguinte, aos seis meses da morte de Visita.
Visita contaba 69 anos e Marcelino 70.
Hoxe con este relato quero agradecerlle desta forma todo o agarimo que me deron durante anos, quizais vían en min a ese fillo que non puderon ter