Tribuna Viva
República de Tambo
Declaración do territorio denominado Illa de Tambo como República de Tambo
Hoxe, 14 de Abril de 2013, ás 12,00 horas, reunidas varias persoas da Freguesía de Combarro, deciden de mútuo acordo declarar o territorio denominado Illa de Tambo, sito na Ría de Pontevedra, fronte aos Concellos de Marín e de Poio, como República Independente de Tambo.
Para elo, os argumentos esgrimidos son:
- Non existe tutela algunha por parte das administracións públicas, sendo manifestamente visible o estado de abandono dende a última intervención dos veciños de Combarro, no verán de 2011.
- Nin o Concello de Poio, nin a Xunta de Galiza teñen elaborado planeamento algún para outorgarlle o destino que se merece.
- Como acto de sabotaxe, unha vez derrubada unha parte do porto de acceso, ninguén acadóu resolución algunha para súa reparación.
- Non podemos permitir por máis tempo que un recurso socio-cultural, paisaxistico e con particularidades ambientáis, continúe na desidia, impedindo con elo poder contar cun importante complemento para o desenvolvemento local e comarcal.
Coa declaración de República de Tambo, constitúese un goberno provisorio, ata a celebración de eleccións.
Para elo, todalas persoas interesadas en formar parte da mesma, poden inscribirse a través do corre eléctronico cmontescombarro@gmail.com.
Como resolución final, acordase, que unha vez desaparezan os motivos da situación actual, negociaremos unha saída pactada, sen renunciar a súa desaparición e integración na República Galega.
Saúde e terra.
Viva a República de Tambo.
14 de Abril de 2013.